Sesión para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Sesión de exercicios con cadeiras para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión da semana que vai do 20 ao 24 de abril. Ímola desenvolver nunha habitación onde teñamos unha zona na que poidamos colocar un par de cadeiras, que será o único material que necesitaremos. A sesión inclúe 5 partes:

1) comezamos saltando durante medio minuto (contamos 30) cunha comba imaxinaria, descansamos medio minuto, outro medio minuto saltando e así sucesivamente ata completar como mínimo 5 series de saltos (a técnica correcta témola neste vídeo https://youtu.be/_o-D_kntRwg );

2) colocamos as dúas cadeiras (unha fronte a outra) separadas tres pasos e comezamos a correr formando un círculo por fóra das cadeiras e cando levemos 5 voltas completas temos que arrastrarnos pasando por debaixo das dúas cadeiras, repetimos 5 voltas correndo e outra vez arrastrámonos baixo as cadeiras; despois corremos entre as cadeiras facendo un número 8 imaxinario no chan coa nosa traxectoria e cando levemos 5 oitos seguidos arrastrámonos baixo as cadeiras, repetimos este exercicio;

3) facemos series de 5 flexións no chan, descansando medio minuto entre serie e serie (se nos resultan moi sinxelas estas flexións podemos facelas cos pés apoiados sobre unha cadeira, tal como aparece neste vídeo https://youtu.be/Bsyt25MSN3s);

4) poñémonos de pé cos brazos estirados e pegados ao noso corpo e saltamos abrindo as pernas e poñendo os brazos paralelos ao chan (en cruz), voltamos á posición inicial e repetimos o movemento  (facemos varias series de 30 saltos, deixando un minuto de descanso entre serie e serie);

5) rematamos facendo abdominais, colocándonos no chan boca arriba, pegados a unha cadeira, coas pernas sobre a cadeira e levantamos o tronco (facemos series de 15 abdominais, descansando medio minuto entre serie e serie). Aproveitamos unha das cadeiras para facer uns estiramentos.

AdxuntoTamaño
Saltos, flexións e abdominais cunha cadeira.pdf319.89 KB

Powered by Drupal - Design by artinet