COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

No día de hoxe, estamos a visitar o museo do Mar da ría do Barqueiro. Nel podemos coñecer máis a contorna do centro educativo e ver a gran riqueza natural desta vila, que xira en torno ao mar. 

Neste fermoso lugar, acolléronos cos brazos abertos. Puidemos observar e atender a todas as explicacións que nos facilitaban. Sen dúbida aprendemos moito do fermoso lugar onde se atopa contextualizado o CEIP Francisco López Estada. 

Novamente estamos xa noutro Magosto. Noutrora nas terras galegas tódolos días había magosto. Antes da conquista romana, Galicia era un gran souto e a castaña era a base da alimentación do noso pobo. Logo do descubrimento de América, a pataca foina relegando poco a pouco como guarnición e acompañante de calquera prato. 

Nós imos celebrar o noso Magosto o vindeiro 28 de outubro (venres) para horar aquela froita autóctona que tanto significou na vida dos nosos devanceiros e que aínda pervive no noso mundo rural. 

En fin, necestamos algo de leña (no bo sentido) e poucas castañas (6 ou 7 xa encetadas porque sempre sobraron). 

Esta vez, gustaríanos que as familias participasen, como xa fixeron antano, e mostrasen a súa orixinalidade e pericia traendo cabazas engalanadas e adobiadas ao xeito tradicional para expor na entrada do centro. 

E, se fose posible e non demaisado abuso, degustar os doces e postres, feitos con froitos do outono, que ano tras ana deleitan os padais de toda a Comunidade Educativa. 

Aproveitamos a ocasión para comunicarlles que o día 31 de outubro de 2016 será DÏA NON LECTIVO por ser declarado pola Consellería como DÍA DO ENSINO. 

Conseguintemente, as clases darán comezo o 2 de novembro (mércores). 

Moitas grazas e esperamos a súa presenza, logo de xantar. 

Distribuir contido