COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

MURAL "PONTES QUE UNEN"

 

 

CONTACONTOS DE PAZ

Infantil: "Por que?"

 

1º, 2º e 3º EP: "En tus zapatos"

 

4º, 5º e 6º: "Mi país está en guerra"

 

DESEÑO E CREACIÓN DE CHAPAS

    

Ademais, todas as nenas e nenos do cole interpretaron "Cantarela dos Nenos" de Suso Vaamonde, con letra de Xosé Neira Vilas:

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

Cantarela nosa
de amor e de paz
sin penchas nin odios
sin falsa irmandá.

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos
ollos de amistá.

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

 

E por útimo, deixamos este fermoso conto que inventaron as nenas e nenos de 1º e 2º nas materias de Proxecto Competencial e Valores Cívicos e Sociais:

 

A historia do arco da vella

 

 Había unha vez un arco da vella fermosísimo que estaba composto de sete cores: vermella, laranxa, amarela, verde, azul ceo, azul escuro e morado. Eran cores marabillosas que deixaban a todo o mundo abraiado.

 O problema era que non se levaban ben porque non sabían xogar xuntos. Ninguén respectaba as normas e, por iso, había moitas discusións: o vermello dáballes patadas ás demais cores; o laranxa guindábase por enriba das demais cores; o amarelo botáballe a lingua a todos; o verde mentía moito; o azul ceo pronunciaba palabras malsoantes; o azul escuro tiráballe auga ó resto; e, por último, o morado roía aos seus compañeiros cando non lle daban a razón.

 Un día, decidiron organizar un partido de baloncesto para pasalo ben en conxunto. Antes de comezar, dividíronse en dous equipos: o primeiro deles estaba formado polas cores vermella, amarela e azul ceo e o outro equipo compoñíano as cores laranxa, verde, azul escura e morado.

 Durante un lance do xogo, a cor vermella deulle unha patada á cor laranxa. A partires deste intre, empezaron os problemas serios entre todos. De feito, a liorta foi tan grande que tiveron que suspender o partido de inmediato.

 Tras isto, marcharon todas as cores enfurruñadas para a casa por separado. Unha vez que chegaron a súa casa, xuntáronse na sala para falar do acontecido. Todas as cores estaban moi tristes e arrepentidas polo comportamento amosado e, en consecuencia, comezaron a chorar. Decatáronse do mal que fixeron e do mal que lle ocasionaron aos demais. Pedíronse desculpas e prometéronse non volver a pelexar entre elas nunca endexamais. Conviron en que, para a próxima vez, falarían entre elas antes de reaccionar dunha maneira equivocada.

 Ó día seguinte puxéronse novamente de acordo en volver a organizar un novo partido de baloncesto. Nun intre concreto, ocorreu a mesma situación do día anterior: a cor vermella deulle unha patada á cor morada e, inmediatamente e dándose conta do seu erro, explicou axiña que non quería facerlle dano e recoñeceu a súa torpeza. A cor morada aledouse desa reacción e as setes cores xuntas celebráronno cunha gran comida despois.

 Cociñaron unhas ricas pizzas, hamburguesas, espaguetes, macarróns, patacas fritidas e, por último, unha gran tarta de chocolate de sobremesa.

 

 Finalmente, o máis importante de todo é que entenderon que PARA SOLUCIONAR PROBLEMAS OU PARA EVITALOS É IMPORTANTE FALAR.

 

 

 

Con este vídeo queremos reivindicar a eliminación da violencia contra as mulleres.

 

Queremos agradecer tamén ao Concello de Mañón, e en especial á súa Técnica de Igualdade, por traernos diversas actividades e xogos a través dos cales reflexionamos e aprendimos moitas cousas.

 

 

 

Distribuir contido