COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 

 

Os faros non entenden de fronteiras, iluminan a todo o mundo por igual.

 

VER GALERÍA DE IMAXES

 

O mércores pasado achegámonos a Ladrido onde as guías Loli e Nela nos ensinaron moitas cousas interesantes da zona intermareal.
Aprendimos máis sobre as mareas, a importancia das rías, a súa gran biodiversidade e as adaptacións á vida na intermareal.
Podedes ver máis imaxes na nosa galería.
 
 Agradecemos a Ferroglobe Cuarzos Industriales por financiar esta actividade.
 
 
 
 
 
Novembro é o mes da ciencia en galego, así que o pasado luns 27, a ciencia e a maxia únironse no noso cole da man do Mago Paco. Unha forma divertida de achegar a ciencia aos máis pequenos.
Agradecemos a Ferroglobe Cuarzos Industriales (Mina Sonia) por financiar a actividade.
Aquí un vídeo resumo:
 
Distribuir contido