COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Durante a semana do 8 de marzo as nenas e nenos fixeron un traballo de recompilación de información sobre mulleres do noso concello. Cada participante escolleu unha muller do seu entorno que viviu ou vive en Mañón e aportou unha imaxe e información sobre as súas ocupacións.

Aquí mostramos o produto final do proxecto. Recomendamos velo co son activado e nunha tableta ou ordenador, a pantalla completa.

 

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2021

Venres 29 de outubro

Xoga e aprende cousas sobre o Samaín

(Material elaborado por diferentes centros de ensino galegos)

(Genially con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria)

 

     O venres 23 de abril celebramos o Día do Libro.

     En colaboración coa Biblioteca Municipal do Concello de Mañón, iniciamos neste día a elaboración dun libro de animais no que participa todo o alumnado:  colorean láminas e poñen o nome do animal, buscan información en libros da biblio do cole e tamén nun lote de libros que nos preparou Begoña (a bibliotecaria do Concello), escriben a información máis importante, anotan a bibliografía empregada,...

     Esperamos telo rematado axiña e poder amosarvos o resultado.

 

Feliz día do Libro!!!!

  

  

 

E aquí está o resultado final: AniGAL. Animais de Galicia

 

Distribuir contido