COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O pasado martes, 31 de outubro, celebramos o Samaín no CEIP Francisco López Estrada.

Pola mañá fixemos obradoiros de cociña, ciencias, artesanías, xogos, bailes.... E pola tarde, o Concello de Mañón tróuxonos un espectáculo da compañía de teatro Tarabela Creativa.

Facendo click nas diferentes ligazóns, poderedes ver fotos, vídeos e outros materiais das actividades levadas a cabo.

 

    

 

 

 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe tivemos unha divertida clase de danza tradicional. Miguel, profe de baile da asociación O Son do Sor, ensinounos a bailar unha muiñeira e, aínda que ao principio a algún/ha se lle enredaron un pouco os pés, ao final conseguimos facer unha coreografía do máis xeitosa que seguiremos practicando ata poder bailala á perfección no Día das Letras Galegas.

 

 

 

Distribuir contido