Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

FONDO DE LIBROS CURSO 2023/2024

   Na ORDE do 10 de maio de 2023 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

De xeito telemático: Enlace á web

- De xeito presencial: Entregar na secretaría do centro

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023.  

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

As listas provisionais publicaranse o día 5 de xullo no taboleiro do centro.

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 6 e 7 de xullo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xullo.

RECOLLIDA DOS VALES

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar na conserxería do centro.

Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024

Familia tedes como archivo adxunto a orde de calendario do vindeiro curso. As clases comezarán o 11 de setembro de 2023 e rematarán o 21 de xuño de 2024.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-2023


16:30-18:00
LUNS BAILE MODERNO
MÉRCORES PATINAXE
XOVES XOGANDO COA CIENCIA

CIRCULARES

                                                      MIRAR DOCUMENTOS ADXUNTOS

VOLTA AO COLE

VOLVEMOS O 8 DE SETEMBRO NO HORARIO HABITUAL DE 09:40 A 14:40.

Distribuir contido