Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

LISTADO DE ADMITIDOS 2020-2021

Xa está dispoñible o listado de admitidos para o vindeiro curso 2020-2021.

Podedes consultar as listaxes no taboleiro do centro.

Todas as solicitudes foron admitidas.

O prazo de formalización de matrícula é do 1 ó 10 de xullo no colexio.

Agradecemos a todas as familias a confianza depositada no noso centro!!!!!!!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE

MATERIAL ESCOLAR

 

   

   Na Orde do 12 de maio de 2020 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

      BENEFICIARIAS

   Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir

   a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria (EP), e 1º, 2º, 3º e 4º de Ensinanza Secundaria Obligatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.

   b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluido na disposición adicional primeira da orde.

   c) Axudas para materia escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e EE.

        PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

        - De xeito  telemático: Enlace á web.

      - De xeito presencial: de luns a venres de 10 a 13 horas.

      Lembren que deben acudir ao centro con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade cas indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.

      PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

      Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020.

      Están á vosa disposición as solicitudes no documento adxunto.

AVISO IMPORTANTE

REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA PARA OS CENTROS DE ENSINO NO UNIVERSITARIO, DO 11 AO 18 DE MAIO DO 2020.

Segundo RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) no ámbito educativo, do 5 de maio de 2020.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:

DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 13:00 H

PREVIA CITA

En caso de non poder acudir ao centro nese horario, pregamos póñanse en contacto a través do número de teléfono 881930326 ou no correo electrónico do centro para solicitar unha cita.

ceip.laxe@edu.xunta.es

MODIFICACIÓN DOUTROS PRAZOS:

De conformidade co artigo 33 da Le 39/2015, do 1 de outubro, do procedementoadministrativo común das administraciones públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

  • Presentación da DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA  dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das LISTAXES PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular RECLAMACIÓNS contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Distribuir contido