Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE

MATERIAL ESCOLAR

 

   

   Na Orde do 12 de maio de 2020 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

      BENEFICIARIAS

   Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir

   a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria (EP), e 1º, 2º, 3º e 4º de Ensinanza Secundaria Obligatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.

   b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluido na disposición adicional primeira da orde.

   c) Axudas para materia escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e EE.

        PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

        - De xeito  telemático: Enlace á web.

      - De xeito presencial: de luns a venres de 10 a 13 horas.

      Lembren que deben acudir ao centro con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade cas indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.

      PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

      Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020.

      Están á vosa disposición as solicitudes no documento adxunto.

AdxuntoTamaño
anexos libros.pdf1.63 MB