Iniciar sesión: Acceso

CONTACONTOS CON GEMOLA: KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO

Esta mañá tivemos a sorte de contar coa visita de Gemola, a cal xa coñecemos posto que non é a primeira vez que vén ao cole. Nesta ocasión veunos presentar o seu primeiro conto, "Klad, o papagaio adhesivo", un animal moi particular que se fai amigo de Daniela, unha nena que por motivos de saúde ten que pasar moitas tempadas no hospital.

Este conto é solidario, posto que todo o que recaude vai destinado a tres Asociacións contra o cancro infantil.

Moitas grazas por vir e facernos pasar un ratiño moi especial e divertido