Iniciar sesión: Acceso

SAMAÍN

Os máis pequenos e pequenas do cole desfrutaron un montón coas propostas terroríficas traballadas ao longo das últimas semanas.

Aquí vai unha pequena mostra:

  • Experimentamos libremente na mesa sensorial:

  • Motricidade fina. Debullamos millo:

  • Arte.Decoramos cabazas:

  • Coordinación ollo-man, motricidade fina. Preparamos apócemas terroríficas:

  • Grafomotricidade. Fixemos percorridos de samaín:

  • Conteo. Contamos elementos (bruxas, vampiros, morcegos...):

  • Seriacións: 

  • Direccionalidade. Desprazámonos polo taboleiro terrorífico seguindo as indicacións das frechas:

  • E...chegado o día disfrazámonos para participar nos obradoiros, que ben o pasamos!!!

Decoramos camisetas coa ténica do estampado:

Fixemos colares de zonchos:

Coloreamos e escribimos os nosos medos, para posteriormente enterralos no "Pozo dos medos":

Preparamos unha merenda terroríficamente saudable; nela había unha pantasma, unha cabaza e unha araña:

E despois, como non podía ser doutro xeito, a zampamos!!!! mmmmmm que boa estaba :

Ata pronto familias!!!