Boas tardes familias!
Por aquí andamos de novo os pequenos de A Laxe para contarvos como vai o segundo trimestre.
Como sabedes estamos a traballar no proxecto das profesións:
Seguiremos contándovos!! Ata pronto!
Boas tardes familias,
Os pequenos e pequenas de A Laxe queremos deixarvos por aquí unha pequena mostra de todo o que traballamos durante o mes de decembro.
O día 1 recibimos na aula unha visita moi especial, un elfo que traía unha carta na que nos contaba que viña enviado de parte de Papá Noel, quen lle encomendara unha misión moi importante: pasar con nós o mes de decembro para coñecer ben os nosos gustos e tamén para comprobar que éramos respectuosos cos nosos compañeiros e compañeiras e co material da aula. Pedíanos tamén que lle puxeramos un nome, e ...despois dun pequeno debate o nome elixido foi Pepito. O que non sabíamos era que Pepito iba agocharse cada día nun lugar diferente da aula, e que iba a facer pequenas trasnadas...
-Continuamos co proxecto dos medios de transporte. Rematamos o noso álbum e elaboramos un barquiño e un coche de carreiras empregando material de refugallo:
-Seguimos afondando na lectoescritura co nome propio:
-Loxicomatemática e alimentación saudable coa lista da compra:
-Tarxetas de grafomotricidade:
-Reproducimos patróns co Pop It:
-Arte: facemos e decoramos adornos de Nadal:
-Celebramos o terceiro aniversario de Cloe e Miguel:
-E nos adentramos na temática do Nadal:
-Recibimos a visita do Apalpador, que nos trouxo unha casiña de bonecas!
-E xa último día de cole:
Merendamos chocolate con churros:
-E recibimos a visita de Papá Noel:
Agora tócanos disfrutar dunhas merecidísimas vacacións en familia e da maxia do Nadal!!
Ata pronto!
Os máis pequenos e pequenas do cole desfrutaron un montón coas propostas terroríficas traballadas ao longo das últimas semanas.
Aquí vai unha pequena mostra:
Decoramos camisetas coa ténica do estampado:
Fixemos colares de zonchos:
Coloreamos e escribimos os nosos medos, para posteriormente enterralos no "Pozo dos medos":
Preparamos unha merenda terroríficamente saudable; nela había unha pantasma, unha cabaza e unha araña:
E despois, como non podía ser doutro xeito, a zampamos!!!! mmmmmm que boa estaba :
Ata pronto familias!!!
Boas tardes familias!
Por aquí vos deixamos unhas fotiños das propostas que fixemos nestas últimas semanas nos recantos.
Ata pronto!!
Boas tardes familias!
Aquí vos deixamos un breve resumo das propostas de aula traballadas ao longo de esta semana.
Boa finde!