Iniciar sesión: Acceso

Rematamos o primeiro trimestre!!

Boas tardes familias, 

Os pequenos e pequenas de A Laxe queremos deixarvos por aquí unha pequena mostra de todo o que traballamos durante o mes de decembro.

O día 1 recibimos na aula unha visita moi especial, un elfo que traía unha carta na que nos contaba que viña enviado de parte de Papá Noel, quen lle encomendara unha misión moi importante: pasar con nós o mes de decembro para coñecer ben os nosos gustos e tamén para comprobar que éramos respectuosos cos nosos compañeiros e compañeiras e co material da aula. Pedíanos tamén que lle puxeramos un nome, e ...despois dun pequeno debate o nome elixido foi Pepito. O que non sabíamos era que  Pepito iba agocharse cada día nun lugar diferente da aula, e que iba a facer pequenas trasnadas...

      

-Continuamos co proxecto dos medios de transporte. Rematamos o noso álbum e elaboramos un barquiño e un coche de carreiras empregando material de refugallo:

              

-Seguimos afondando na lectoescritura co nome propio:

        

-Loxicomatemática e alimentación saudable coa lista da compra:

-Tarxetas de grafomotricidade:

-Reproducimos patróns co Pop It:

-Arte: facemos e decoramos adornos de Nadal:

  

-Celebramos o terceiro aniversario de Cloe e Miguel:

-E nos adentramos na temática do Nadal:

                 

-Recibimos a visita do Apalpador, que nos trouxo unha casiña de bonecas!

-E xa último día de cole:

  • Xogamos ao bingo:

                                 

                                 

Merendamos chocolate con churros:

-E recibimos a visita de Papá Noel:

Agora tócanos disfrutar dunhas merecidísimas vacacións en familia e da maxia do Nadal!!

Ata pronto!