Iniciar sesión: Acceso

Os peques de 3

Boas tardes familias!

Por aquí vos deixamos unhas fotiños das propostas que fixemos nestas últimas semanas nos recantos.

  • Lectoescritura:
    • Buscamos na mesa sensorial a nosa foto e o noso nome para compoñelo posteriormente coas letras móbiles.
    • Comezamos a traballar co álbum dos medios de transporte:
      1. Abrimos un sobre que contén cromos cos medios de transporte.
      2. Identificamos se se trata dun medio de transporte  terrestre, marítimo ou aéreo e buscamos no álbum a estrada, o mar ou o aire.
      3. Pegamos o cromo no lugar correspondente tendo en conta o número que ten pola parte traseira.
      4. E finalmente estampamos as vogais que faltan para compoñer os seus nomes.

  • Loxicomatemática:
    • Reproducimos os patróns empregando paus depresores.
    • Contamos elementos e asociamos grafía e cantidade.
    • Contamos follas de outono e colocamos a pinza no número correspondente.
    • Facemos series con elementos naturais do outono.
    • Na asamblea facemos series con figuras xeométricas.

  • Arte:
    • Estampamos "follas" coas pegadas dos nosos dedos.
    • Pintamos rolos de cartón...para que serán?

  • Construccións:

  • Experimentamos libremente na mesa sensorial:

  • Ollamos contos da nosa biblioteca de aula:

  • Celebramos o 3º aniversario de Mateo:

  • E xogamos no patio aproveitando ao máximo as raiolas de sol:

Ata pronto!! Sorriso