Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

PRIMEIROS DÍAS

Ola familias!!! 

Aquí vos deixamos un vídeo da primeira semana de cole. Nel poderedes ver como os peques de 3 anos se ían familiarizando co novo espazo e os novos compis.

Ademais os de 4 e 5 anos tamén ían coñecenzo os cambios que había na aula e tos disfrutaron das diversas propostas que atopaban nos diferentes recunchos.

Na casiña o xogo foi libre para desenvolver o xogo simbólico e a imaxinación. Tamén disfrutaron do novo espazo da aula: os minimundos.

No recuncho de arte manipularon plastilina, pintaron con acuarelas, estamparons sellos de letras, debuxaron de forma libre e crearon debuxos con gomets, traballando así a creatividade e a motricidade fina. 

No recuncho de experimentos puideron experimentar e manipular diversos materiais como area, auga, boliñas de xel, arroz ou boliñas de textura máis forte para clasificar. Desta forma traballaron a motricidade fina, os trasvases, a pinza...

No recuncho de lóxica matemática tiñan propostas como quebracabezas, xogos de mesa para traballar a orientación espacial, as formas co bloques lóxicos, a atención, e a coordinación óculo- manual con pinchos e os policubos.

No recunho da lectoescritura tiñan materiais diversos como quebracabezas para traballar a conciencia fonolóxica, as letras traslúcidas para formar palabras como o seu nome ou pezas de cores e distinta formas para disfrutar da mesa de luz.

No recuncho da biblioteca tiñan libros para manipular de forma libre, compartindo momentos especiais.

Tivemos sesión de contos, tanto dos que traían os nenos e nenas, como os que propoñía eu, como por exemplo "O monstruo de cores vai ao cole".E tivemos unha sesión de escoita consciente que nos permite manter a atención na música e tamén nas formas que se representan mentres a escoitamos.

Ademais comezamos a familiarizarnos coa nova pizarra interactiva que temos na clase, posto que a empregaremos para debuxar o esquema corporal no momento da asemblea.

E por suposto xogo libre coas construccións e un novo material que consta duns tubos de plástico de cores cos que poden crear pequenas piscinas para os animais ou de forma cooperativa e espontánea crear un circuíto para levar unha bola dun lado da clase ao outro.

Para finalizar a semana todos levamos unha medalla por superar esta primeira semana cun rotundo éxito.

Desexando amosaros o que iremos facendo durante todo o curso.Sorriso

BENVID@S!!!!

Ola familias!!!!

Xa deu comezo un novo curso e estamos listos e coas pilas cargadas para compartir experiencias marabillosas. 

O luns recibimos aos peques coa presenza dun dragón chino, posto que este curso o proxecto do cole é A volta ao mundo: Asia. Os peques de 4 e 5 anos sacaron unha foto co dragón e co lema escrito en chino Imos a esforzarnos!! (os pequerrechos de 3 anos estaban co período de adaptación e chegaron un poquiño máis tarde).

Aquí vos deixamos un vídeo dos momentos compartidos no recreo. Sorriso

GRADUACIÓN E FIN DE CURSO

Ola familias!!!

O mércores vivimos un día cheo de emocións. Os nosos peques de 5 anos graduáronse, rematan a súa etapa en infantil e eu non poido estar máis orgullosa delas e deles. 

Estiveron acompañados por vós, as familias, ás que vos digo GRAZAS de corazón; e por todos os compañeiros/as do cole. 

En setembro comezan unha nova etapa da súa vida que virá chea de novas experiencias e aprendizaxes. 

Parabéns meus pequerrechos!!!

Despois tivo lugar o festival de fin de curso onde todos os grupos realizaron actuacións. No noso caso, os peques de 5 anos interpretaron unha obra de teatro "Yo amo la tierra" sobre o coidado do medio ambiente.

Ademais, todo o alumnado de infantil, bailou a canción de "El rock de las emociones" de Marina e os Emoticantos, dentro do programa de Educación Responsable. Fixérono xenial e a profe Iria e eu estamos moi orgullosas deles.

Aquí vos deixamos os vídeos de ambas actuacións.

Desfrutade do verán e vémonos en setembro!!!!Sorriso

DERRADEIROS DÍAS DE COLE

Ola familias!!

Estes tres últimos día de cole foron máis relaxados. Os nervios polo fin de curso e as vacacións eran patentes, por iso as propostas eran un repaso e houbo moito xogo libre.

O luns falamos da excursión á granxa: que foi o que máis nos gustou, o nome dos animais, como nos sentimos...

Despois escollimos o nome de dous dos cabalos nos que puidemos montar, Chocolate e Godello, e con cada unha das súas letras escribimos outra palabra nova, afianzando un pouquiño máis a conciencia fonolóxica.

O martes foi o turno de lóxica matemática. Primeiro nomeamos todos os animais que víramos na granxa e contamos as súas letras. Despois buscamos o número na casiñas das familias.

Tamén acudimos á estrea do corto que o compañeiros/as de 5º e 6º de primaria fixeron sobre a igualdade.

E grazas á profe Lidia puidemos plantar unha faba cunha palabra especial, agarimo, que foi a máis votada o día das Letras Galegas. Para iso botamos terra nunha pequena maceta biodegradable, plantamos a faba e lle botamos un poquiño de auga. Agora  a ver como medra.

E o último día estivo cheo de emocións, apertas, bicos, sentimento a flor de piel e actuacións, por iso merece unha publicación a parte que en breve poderedes ver. Guiño

ÚLTIMA SEMANA COMPLETA DO CURSO CON EXCURSIÓN

Ola familias!!!

Que pouco queda para que remate o curso, pero nós seguimos aprendendo e desfrutando. Aquí vos deixamos unha mostra das actividades desta semana.

Entre todos completamos as casiñas das decenas. Cada un/unha tiñamos uns números e tiñamos que identificalos e poñelos na casiña correspondente.

Tamén xogamos ás simetrías. Cada un/unha de nós tiñamos un pau coa metade dunhas figuras e tiñamos que atopar a outra metade que podía estar no chan ou tela algún compañeiro/a.

Unha das actividades que máis nos gustou foi elaborar os nosos propios perfumes. Grazas á profe Lidia que nos trouxo un montón de herbas aromáticas puidemos coñecer o romero, a menta, a menta chocolate, a reina Luisa, o xazmín, a lavanda, o laranxeiro e o limoeiro. Así que primeiro as ulimos para ver se nos gustaban ou non.

Despois as fomos separando e botándoas nun morteiro para poder machacalas.

Xa na cociña do cole cada equipo, porque decidiron elaborar entre varios o mesmo perfume, escollían as herbas que querían para o seu perfume, lle botaban un pouco de auga, unha cucharadiña de auga de colonia e a quetaban no microondas. Despois, con moito coidado porque queimaba, e coa axuda dunha pipeta ían pasando o perfume ao seu frasquiño.

Outra actividade que fixemos foi colocar uns dados na mesma posición e coa mesma cantidade segundo unha foto que tiñamos. Despois contabamos os puntiños e buscábamos o número na táboa do 100. Canto traballamos a atención, a orientación espacial, o conteo e a grafía dos números.

Esta semana tamén fomos recoller os nosos pementos do Couto. Había algún enorme e non todos tiñamos a mesma cantidade, pero non pasa nada, o importante é que aprendemos a cultivalos.

Como o curso que ven Jimena, Marcelo, Daniela, Ainara, Antón e Malia pasan a primaria foron facer unha visita aos compañeiros/as que agoran están nese curso. Éstes lles contaron como traballaban e todos xuntos compartiron un ratiño de xogo.

Como actividade de arte traspasamos cores do papel de aluminio a un debuxo. Para iso primeiro pintamos con rotuladores e ao noso gusto un anaco de papel de alumnio, despois lle botamos un pouco de auga co "fris-fris" como nós lle chamamos ao pulverizador e a continuación puxemos o debuxo cara abaixo, quedando as cores nel. Sorriso

E o venres todo o cole fomos de excursión á Granxa do Souto. Que ben o pasamos!!! Durante a viaxe, tanto de ida como de volta, compartimos conversas co noso compañeiro/a de asiento.

Xa na granxa, primeiro fomos a coller forzas e tomamos a merenda. Despois nos presentaron a Dani, un poni de raza galega e nos ensinaron os seus coidados, para a continuación montar nel ou nos seus amigos, Chocolate e Godello, e na súa moza Muras, todos os que quixeramos.

Despois fomos a coñecer os coellos e que sorte tivemos porque unha delas fora mamá fai mou pouquiño e puidemos ver a súa cría. Démoslles de comer pan e os acariciamos, ao igual que fixemos coas galiñas. Tamén puidemos ver e tocar á pava. Ao pavo non porque era máis reservado.

De seguido fomos coñecer animais que nos rodean e fósiles, como por exemplo niños de paxaros, dentes de xabaril ou tiburóns de río.

Logo fomos comer e desconectar un poquiño ata que retomamos as actividades. Neste caso coñecer á cabra e á ovella, que de novo tivemos sorte e puidemos coñecer ás súas crías porque foran mamás fai nadiña. Neste caso lles demos maíz.

E para rematar coñecemos á cría de burro, Peter Pan, e á vaca Moura, que son tan bos que nos deixaron acaricialos.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da saída á granxa porque era difícil resumir esta experiencia só nunhas fotos.

Ata a semana que ven que está chea de sorpresas!!Guiño

Distribuir contido