Iniciar sesión: Acceso

PROXECTO DOS FLAMENGOS E MÁIS PROPOSTAS

Ola familias!!!

Aquí estamos de novo para contarvos todo o acontecido esta semana. Estades preparados?

Os peques de 3 anos seguiron afianzando o seu nome, pero nesta ocasión tamén nos centramos na direccionalidade da grafía das letras e no traballo das mans posto que tiñamos que rasgar papeis de cores e pegalos nas letras do noso nome seguindo a súa direccionalidade.

No recuncho de plástica manipularon plastilina para traballar as súas mans e a súa creatividade, porque como di María Montessori  "Canto menos cousas faga o xoguete, máis cousas fará a mente do neno".

No proxecto de China coñecemos un dos seus emblemas:a muralla. Coñecimos de qué está feita, canto mide, que a fixo, por que ten esa forma... e despois en grupos construimos a nosa muralla con diversos materiais.

Esta semana comezamos co proxecto dos flamengos e o primeiro de todo e darvos as GRAZAS por todo o material que nos envíachedes.

Neste primeiro contacto con este animal, o que coñecimos foron as súas características, as cales recollemos nun papel (como sempre todo adaptado ao nivel de cada grupo).

Na asemblea comezamos a completar a táboa do 100, repasando o conteo, a identificación de números, o anterior e posterior, as familias de números...

Como proposta de arte, nesta ocasión a xuntamos coa lectoescritura. Primeiro falamos de cal é o nome en galego dese alimento tan característico do outono: a CABAZA. Despois identificamos as letras que forman ese nome e as estampamos nos catro anacos que rodeaban a cabaza. A continuación pintamos a cabaza estampando a pintura coa axuda dunha esponxa.

En relación á proposta de lóxica matemática, non teño fotos dos peques realizándoa posto que non puiden estar presente, pero vos contamos en qué consisitía. Os peques de 3 anos, na mesma plantilla que usaron noutra ocasión para poñer tantos osiños como indicaba o número, nesta ocasión formaban torres con policubos segundo o número. Os peques de 4 e 5 anos completaban a serie atribuíndolle a cada obxecto do outono o valor que lle correspondía dentro da recta numérica, repasando así dita recta e a grafía dos números.

E o venres limos un dos contos que nos trouxo Nico sobre os flamengos: Renato Nicanor. Encantounos a súa historia e despois fixemos un debuxo relacionado coa historia, cada un ao seu ritmo.

Ademais, para rematar a semana, xogamos a un xogo para  repasar a conciencia fonolóxica. A mestra colocaba unha letras pola clase e dicía un son. Nós tiñamos que ir hacia a letra que representaba ese son ao mesmo tempo que o repetíamos.

A próxima semana comezamos a celebrar o Samaín. Que ilusión!! 

Ata logo!!Sorriso