Iniciar sesión: Acceso

CHEGOU O SAMAÍN Á NOSA CLASE!!

Ola familias!!

Na nosa clase esta semana xa chegou o Samaín por todo o alto!! Realizamos diferentes propostas como as que agora vos amosamos.

O luns tiñamos a tuff tray (bandexa) chea de bichos mesturados co arroz larancha e unha tela de araña que nos impedía collelos, pero o conseguimos. Como traballamos as nosas mans coas pinzas e as tesoiras bola!!

Como proposta de lectoescritura tiñamos que identificar a inicial de diferentes elementos de Samaín como momias, arañas ou cabazas.

E no recuncho de lóxica matemática tiñamos que colocar na tela de araña tantas arañas como nos indicaba o número, asociando así grafía-cantidade.

Ademais xogamos a Monster Kit, un xogo no que coa axuda dunhas cartas tivemos que formar un monstro, traballando a asociación de grafía-cantidade e a lectoescritura porque lle puxemos o nome que se formou coas sílabas que había en cada carta.

O martes as propostas foron diferentes. No recuncho de lóxica matemática tiñamos que contar cantos elementos había en cada tarxeta, buscar o número e poñer unha pinza nel, traballando non só o conteo senón tamén a nosa motricidade fina.

E seguimos co traballo das nosas mans porque con contas de cores decoramos os mangos dunhas vasoiras de bruxas. Que boa coordinación óculo- manual temos!!!

E a bruxa meteu no seu caldeiro unha morea de bichos, pero non nos deixaba velos. Así que a través do tacto tivemos que adiviñar que había no caldeiro e rexistralo. Os peques de 3 anos identificaron o son A nos nomes dos bichos que adiviñaron.

Esta semana limos varios contos de Samaín. Un deles foi "8 patas" que nos narra a historia de Lucy, unha araña á que non lle gusta tecer e que ten un don para pintar cadros cheos de cores. Despois da lectura fixemos un debuxo sobre o conto, cada un debuxando o que máis lle gustou del (Lucy, a tea de araña...)

E o venres despedimos a semana xogando ao bingo terrorífico, traballando a escoita activa e a atención.

E vos preguntaredes que máis fixemos, pois resolver uns retos cos que nos atopamos ao chegar á clase e dos cales a mestra non tiña nin idea de quen os puxera alí.

O primeiro día de retos cada equipo tivo que resolver unha proba matemática para poder rescatar a un rapaz da xaula dunha bruxa porque nos deixou unha carta pedindo axuda.

Os peques de 3 anos tiveron que formar un monstro seguindo as indicacións e nunha lenda obtivemos o primeiro número.

O equipo dos leóns (4 anos) tiveron que completar a serie numérica ata o 20 e na última casilla descubrimos o seguinte número.

E os peques de 5 anos atoparon unha folla con moitas portas e unhas chaves con sumas. Ao resolvelas podían abrir cada unha das portas, pero só na última conseguimos o outro número.

Por fin tiñamos os tres números do candado para poder liberar ao rapaz!!!

O seguinte día de retos foi tamén intenso, jeje. O rapaz estaba moi agradecido por salvalo e quixo darnos unha sopresa, pero non de forma tan sinxela, senón que resolvendo tamén uns retos para adiviñar unha palabra.

Cada equipo tiña dúas probas. A primeira letra conseguímola ao formar un quebracabezas de Samaín onde había unha S.

A segunda letra (A) ao sacar a unha momia dun labirinto e levala á súa tumba, pasando por esa letra.

A terceira letra conlevou descifrar unha palabra segreda grazas a unha lenda e identificando a inicial (M).

A cuarta letra era unha A, e para iso houbo que adiviñar a palabra que se escondía detrás dunha adiviña (araña) e a súa inicial deunos outra letra (A).

A quinta letra (I) estaba escondida nunha proba de buscar diferenzas. Como se nos dan tan ben atopámolas moi rápido.

E a última letra (N) estaba nunha lenda que tivemos que ter en conta despois de clasificar palabras polo seu número de sílabas (a palabra que máis sílabas tiña nos daba esa derradeira letra).

Entre todos conseguimos adiviñar a palabra (SAMAÍN) e puidemos conseguir a sorpresa, un caldeiro con chocolatinas que puidemos degustar despois de merendar.

No vídeo podedes ver todo o que fixemos e como sabemos traballar en grupo, axudándonos uns aos outros para logar un obxectivo común.