4º E.P.

Receitas de cociña.

Recopilación de receitas presentadas polo alumnado .

Podes achegar a túa receita a través do correo do centro.

 
 
 
 
 

 

PASTAS DE MEL

(Para facer 35- 40 pezas)

Ingredientes:

300 g de fariña

½ sobre de fermento en po

50 g de mel

100 g de azucre en po

80 g de manteiga

1 ovo

1 culleradiña de canela moída

½ culleradiña de clavo moído e anís estrelado

manteiga para untar a bandexa do forno

merengue (2 claras e 250 g de azucre glas)

moldes cortapasas con formas

 

Preparación:

 

1.  Tamizamos a fariña e mesturamos co fermento en po.

Quentamos ao baño María o azucre, o mel, a manteiga e vertemos o líquido na fariña. 

Agregamos un ovo e as especias moídas e traballamos a masa.

Tapamos cun paño de cociña e deixamos repousar durante unha hora como mínimo (é mellor deixala repousar dun día para outro).

2.  Estendemos a masa co rodillo e cos cortapasas recortamos as pastas e colocámolas na bandexa no forno untada con manteiga, a 190ºC.  En canto estén cocidas, sacámolas a enfriar.

NOTA: Unha vez frías decoramos co merengue.  Facemos un cucurucho de papel ao que lle cortamos a punta e deixamos voar a imaxinación para decorar.  O merengue ten que estar espeso a punto.  (Para facer o merengue: batemos as claras e pouco a pouco agregamos o azucre glas tamizado  e traballamos ata que o resultado sexa brillante e espeso.  Se vemos que queda líquido engadimos un pouco máis de azucre).

VARIACIÓN: Antes de cocer as pastas podemos untalas con ovo batido e adornalas con metades de noz, améndoas ou froita confitada.

BO PROVEITO!

 

 
     
     

MATEMÁTICAS: Repaso fracciones propias, impropias y mixtas.

Bos días!

Envíovos un enlace a un vídeo de repaso-aclaratorio sobre fraccións.  

https://www.youtube.com/watch?v=WtL1K-G5lOw

 

Un saúdo!

CC. NATURAIS: PLANTAS (Tipos, curiosidades e reprodución)

Bos días!

Envíovos uns vídeos para que repasedes os tipos de plantas, vexades curiosidades sobre algunhas delas e vos fixedes nos dous tipos de reprodución que poden realizar (sexual ou asexual), segundo o tipo de planta de que se trate.

 

Propóñovos tamén uns RETOS (se non os sabedes resolver xa, non vos preocupedes, podedes atopar a solución nos vídeos que vos achego!):

 

1.  Mediante que proceso liberan osíxeno as plantas? 

 

2.  Cantas persoas se necesitarían para abrazar a árbore de Tule? (Vídeo sobre curiosidades)

 

3.  Que necesitan as plantas para fabricar o seu alimento?

 

4.  Que tipos de polinización existen?

 

5.  Sabes dicir que tipo de reprodución ten a pataca? 

 

ÁNIMO e ADIANTE!

 

https://www.youtube.com/watch?v=ThbSPNlRz0o

 

https://www.youtube.com/watch?v=wBjaQuyMr18

 

https://www.youtube.com/watch?v=GIdzNQqsr74

 

https://www.youtube.com/watch?v=eAaZ_uo3mXo

 

https://www.youtube.com/watch?v=LLlTJRd4EyQ

 

https://www.youtube.com/watch?v=gXpHJDhU48M

C. SOCIAIS (Continuamos!)

Repasamos:

-        Sector primario: son traballos que obteñen materias primas animais e vexetais.

-        Sector secundario: son os traballos que transforman as materias primas en produtos elaborados.

-        Sector terciario: son os traballos que non obteñen produtos, senón que prestan servizos.

 

Agora que xa coñeces os distintos sectores nas profesións, realiza a seguinte actividade:

- Escribe 4 persoas que coñezas coas súas profesións e clasifica a que sector pertence cada unha.

(Por exemplo: Paula - guía turística - sector terciario)

CIENCIAS S.: VÍDEOS SECTORES

 

Boas!

Aquí vos deixo uns enlaces a uns vídeos sobre o tema dos sectores nas profesións.

RETO:

Nun dos vídeos aparece un oleiro...

Saberías dicir en cal dos vídeos e en que minuto e segundo do vídeo aparece?

ÁNIMO!

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=5ns5zI7nL5I

 

https://www.youtube.com/watch?v=INY7f3T3v1w

 

https://www.youtube.com/watch?v=bndRw2TMtmQ

 

https://www.youtube.com/watch?v=ufk9Y3hjFws

OS TRABALLOS POR SECTORES

  Bos días a tod@s!

 

Sabedes que os distintos tipos de traballo pódense clasificar en tres sectores?  Estes son:

- sector primario (agricultura, gandaría, pesca e minaría).

- sector secundario ou industrial (industria, artesanía, construción).

- sector terciario ou de servizos (servizos educativos, servizos sanitarios, transportes, comercio, turismo).

 

E agora, saberías clasificar por sectores:

- A olería de Buño

- A pesca en Malpica

- E aos teus mestr@s do cole?

         Ánimo!

 

Personificación

BOS DÍAS a tod@s!

Neste tempo espero que xoguedes, continuedes sendo creativ@s, leades, continuedes coa reciclaxe...

Pero que tamén organicedes un tempo diario para repasar contidos escolares (por exemplo, podedes facer dúas páxinas das propostas cada día!) e adicar o resto do tempo a todo o demais!

 

Inclúo unha definición dun termo novo que aparece nunha das actividades de Lengua ("Atención y Comprensión Lectora"):

 

PERSONIFICACIÓN:

Na literatura:
Figura retórica de pensamento que consiste en atribuír aos seres inanimados características e cualidades propias dos seres animados, ou aos seres irracionais, actitudes propias dos seres racionais ou en facer falar a personas finxidas mortas ou ausentes.
 
 
 



 
Dun xeito máis sinxelo: facer como se os animais ou cousas fosen persoas, facéndolles falar, actuar ou reaccionar como as persoas!
 
 
Moito ánimo!!!