Celebracións

25 N- Buño en negro

 Para o Día internacional contra a violencia de xénero o  25 de novembro  participamos na campaña “Buño en negro” coa elaboración do manifesto e cintas pola igualdade.

 Posteriormente realizamos este vídeo no que participou todo o centro.

   

Día universal dos dereitos da infancia.

O mércores 20 de novembro celebramos o Día universal dos dereitos da infancia dando lectura os Dereitos do Neno que a convención das Nacións Unidas aprobou en 1989.

 

Estes dereitos quedan recollidos nun libro e nun xogo de cartas que podemos utilizar na biblioteca do centro.

Durante os días previos visionamos a película " Camino a la escuela", e tras a lectura dos Dereitos , realizamos unha posta en común sobre as nosas impresións sobre o que contaba a pelicula.

     
     

 

 

O magosto no colexio de Buño

O día 8 de novembro de 2019 celebramos o magosto no colexio de Buño. Estivo moi moi ben menos porque as tres primeras horas houbo clase.

Primeiro viu Moncho, o antigo conserxe , para asar as castañas. Logo baixamos todos os ciclos para comer as castañas.Despóis houbo uns xogos do magosto supervisados polos alumnos de sexto: tiro a castaña,o pano do magosto ,un de explotar globos e o de aguantar unha castaña nunca cuchara na boca.

 

Feito por:Nicolás Fernández Rodríguez 

 
 
   
   

Obradoiros Samaín 2019

 

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no centro. Dividos en grupos mixtos elaboramos distintas recetas terroríficas que preparamos para a posterior degustación.

Posteriormente , e gracias á colaboración de un grupo de nais e alumnas , realizamos un obradoiro de maquillaxe no que nos preparamos para disfrutar da festa do Samaín.

Como ven sendo habitual  tamén realizamos o concurso de cabazas, que como sempre , foi un éxito de participación e imaxinación.

 

 

Día do Medio Ambiente

Para celebrar o día do medio ambiente , o alumnado do centro plantou unha nova árbore no recinto escolar.

Nesta ocasión trátase dun tilo do que se compremeten a coidar os alumnos de 5º e 6º de primaria.

O compromiso de todos co medio ambiente lévanos a participar na campaña “#RRR. O MEDIO AMBIENTE NECESITA A TÚA AXUDA”  , iniciativa que toma a forma dun microsite onde o internauta atopará  un manual de boas prácticas, sinxelos consellos para diminuír a producción de residuos e para alongar a vida útil dos produtos, así como catro interesantes microvídeos a través dos cales se explica a importancia de separar os refugallos en orixe e depositalos no contedor axeitado, concretando o que debe e non debe ser depositados nos principais contedores que os cidadáns teñen á súa disposición nas vías públicas.

 

Para continuar co tema do medio ambiente , o día 6 os alumnos de 5º  e 6º de primaria asistiron a unha charla sobre Economía Circular e Medio Rural impartida pola Asociación Galicia Ambiental.

 

Día Mundial das persoas con síndrome de Down

O día 21 de marzo (21/3) celébrase o Día Mundial das persoas con síndrome de Down. Este ano Down Galicia organizou a campaña " Tan diferentes como iguais" na que proporciona información e actividades para coñecer as necesidades de estas persoas.

 

Construindo a Mikaela.