Celebracións

Artur e Clementina

Conto elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria .

 
 

 

Día de Rosalía de Castro

O 28 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.Durante esa semana o alumnado preparou un mural basado na poema "Adios ríos, adios fontes", que foi recitado por todo o centro o día da súa colocación.

Entroido 2020

Pasarrúas por Buño do alumnado do centro acompañados polos "Amighos da Mikaela" que animaron o percorrido.

Este ano o tema elexido foi a conservación da natureza e os disfraces representaron a distintas especies en perigo de extinción.

Concurso de sombreiros de Entroido

Este ano , para celebrar o Entroido , os alumnos crearon os seus propios sombreiros.

   
   

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz realizamos unha carreira pola paz na pista polideportiva do centro. Elaboráronse mandalas da paz e dorsais para a carreira. Rematouse cantando a versión “ Maxina” do tema “Imagine” de John Lennon.

Durante esa semana realizamos os abrazos pola Paz , durante a semana da paz , no momento da entrada ás aulas , todo o alumnado abrazou os seus compañeiros.

 

 
   
   
   
   

Festival de Nadal 2019

Para celebrar o Nadal todo o alumnado preparou bailes , cancións e representacións para divertir ás familias que acudiron a ver o noso festival.

Anteriormente recibíramos a visita do paxe real que veu a recoller a correspondencia preparada para os Reis Magos.

Tamén participamos no concurso de debuxo organizado polo concello e elaboramos a felicitación do centro.

   

Concurso de postais de Nadal 2019