Novas

Carta ás familias

 

Estimadas familias,

 

En nome de todo o Claustro de Profesores do centro , bo comezo do curso 2011-2012.

A nosa mais calurosa benvida ás novas familias que se incorporan á Comunidade Educativa.

Non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrarvos a importancia que ten na educación dos vosos fill@s o voso labor no proceso de aprendizaxe e que teñades unha relación fluída co titor/a dos vosos fill@s.É moi importante que traballemos xuntos.

Neste curso , pese a disminución no número de docentes do centro e as repercusións que esto conleva na dispoñibilidade horaria , queremos continuar a desenvolver os proxectos de mellora na formación dos vosos fill@s e iniciar outros novos que abonden nesa calidade. Esperamos seguir contando coa vosa valiosa cooperación .

Coa participación e esforzo de tod@s, poderemos mellorar a calidade educativa do noso centro.

 

Ás veces sentimos que o que facemos é tan só unha pinga no mar , pero o mar sería menos se lle faltara unha pinga.

 

A Dirección

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTA: Podedes consultar as informacións de carácter xeral na nosa páxina web:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinrodriguez