CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO


 
 
     

 

       
         
         

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-25

Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2024 .

Poden acceder a toda a información e impresos na aplicación fondolibros ou recollelos na secretaría do centro educativo.

PRAZOS DA CONVOCATORIA

Presentación de solicitudes

Ata o 21 de xuño de 2024

Devolución dos libros do curso 2023/24

Ata o 21 de xuño de 2024

Publicación das listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto

5 de xullo de 2024

Reclamacións ás listaxes provisionais

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

8 de xullo de 2024

Entrega dos libros so alumnado

Os libros serán entregados o alumnado o inicio do curso 2024/25.

 

Animacións en Scratch

 
 
 
 
 

Semana da prensa

 

Día de Rosalía 2024

Entroido 2024

Día da Paz 2024

Xogos con Scratch