Curso 12 - 13
Plan Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2012-2013
PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2012-2013 "VALORES ARREDOR DOS AUTORES" |
||||
Para continuar activando a dinámica da Biblioteca e tendo en conta a relevante importancia dos valores, decidiuse que a liña prioritaria de actuación sexa traballar estes valores. Da man dos contos, o alumnado ten a oportunidade de reflexionar e actuar en sintonía coa súa madurez e realidade; ao mesmo tempo que lle dan seguridade. Hai unha linguaxe próxima que lle acerca ao mundo da fantasía e lle axuda a crear e desenvolver a súa propia imaxinación. Unha linguaxe coa que gusta de aprender, compartir experiencias e pode axudar a modificar condutas. Nesta liña de actuación para o este curso presentaremos o VALOR de: A AMIZADE E A XENEROSIDADE moi próximos a eles e á súa realidade, sen deixar de afondar e consolidar os valores do esforzo, o respecto ás diferenzas e a responsabilidade; fundamentais para o seu crecemento integral e o amor e respecto aos seus maiores. Para comezar a mergullarnos no sentimento de a amizade e a xenerosidade, pensamos no motivador manancial próximo e querido por todos nós e o noso alumnado: O ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS. El representa verdadeiramente este valor: amigo de todos os nenos e nenas, amigo e amante dos libros e das bibliotecas, cheo de xenerosidade, sempre disposto a compartir o seu tempo e a súa sabedoría con todos nós. De aí, a nosa pretensión de que, esta biblioteca, leve o nome dun autor ferrolán tan coñecido e querido por todos: "ANTON CORTIZAS" |
||||
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
||
APADRIÑAMENTO DA BIBLIOTECA | VISITA DE VIOLETA MONREAL | VISITA DE GISBERT | ||
![]() |
![]() |
![]() |
||
VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS | VIOLETA MONREAL VISÍTANOS DE NOVO | CONTACONTOS DE KALANDRAKA | ||
![]() |
![]() |
![]() |
||
MES DO LIBRO: ANTÓN CORTIZAS | VISITA DE XABIER DOCAMPO | CONTACONTOS DE ANAYA | ||
![]() |
![]() |
![]() |
||
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL | DÍA DE ROSALÍA | DÍA DO LIBRO | ||
![]() |
||||
MEMORIA 12 - 13 | COLOFÓN: OS VALORES NOS CONTOS | |||
|
ALUMNADO QUE MARCHA DO CENTRO
O ALUMNADO DO 1º CICLO VAI AO "TERCIO NORTE"
SAÍDA AO "TERCIO NORTE" | ||||
O xoves día 30, o alumnado do 1º ciclo tivemos un interesante encontro musical escoitando as melodías interpretadas pola Banda de Música do Tercio Norte.
O director da banda presentounos os distintos instrumentos. Psámolo todos moi ben. Ao remate do concerto didáctico tivemos unha sorpresa: uns cans adestrados esperábannos cos seus adestradores e fixeron unha divertida demostración que nos gustou moito. Por certo, o can favorito dos nenos e as nenas foi Luki!
|
||||
DE NOVO: ANTÓN CORTIZAS
![]() |
||||
O día 22 de maio, o alumnado de 4º curso puido engadir un novo "regalo literario" á súa aprendizaxe. Esto fixoo posíbel o escritor Antón Cortizas. |
||||
Rosalía e os equinodermos foi a obra de Antón seleccionada para que leran os rapaces. Ademais do pracer da lectura, os nenos e nenas non vían o día de poder facerlle a Antón unha morea de preguntas sobre a arte de ser escritor. Chegado este día soleado do mes das "nosas letras", Antón entrou na biblioteca que quere tanto; tanto, que lle prestou e, mesmo parece, lle regalou o seu nome. Coa súa presenza, apareceu a calma e a atención. E, atentamente o recibiron cun muíño de vento, feito seguindo as instruccións do libro do autor: Tastarabás. E, sen présa, pero sen pausa, Antón, botando man duns materiais tan sinxelos coma un escarbadentes e unhas tiriñas de papel, fixo, para ledicia de todos, unha buxaina que bailaba e bailaba manténdose de pé. |
||||
Do tempo de enredar pasaron ao de preguntar: "Por que nos teus libros aparece o nome de Rosalía? En que tempo escribiches Rosalía e os equinodermos? Tes pensado publicar algún libro proximamente? A quen llo dedicarás? Que hai que facer para ser escritor?"... Aquí, Antón tomou a palabra e, dese xeito que el ten de mesturar o traballo de profesor co escritor que leva dentro, díxolles: "Un pode escribir moito e moi rápido, pero para escribir ben hai que observar moito, escoitar outro tanto, e despois imaxinar; xogar coas palabras, escribilas, reescribilas, ler o que se escribe, mesmo en voz alta; xuntar o fondo coa forma e notar que quedan ben, que soan coma se fose música, que fan sentir". |
, , | |||
Para agradecerlle tantas ensinanzas, tiñan escollido e musicado un poema que da título á súa obra Érase unha vez na quimbamba,e cantáronlle a coro.
Tamén lle regalaron un libriño cunha tarxeta, na que con moito agarimo lle escribiron: "Padriño, ti es a nosa estrela".
|
||||
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGASDO 13 AO 21 DE MAIO
|
||||||
Como corresponde a unha data tan importante, para a celebración das Letras Galegas este ano fixemos multitude de actos e actividades nas que participaron a totalidade do alumnado do centro e tamén as familias. |
||||||
Para comezar a celebración participamos dunha tradición galega moi arraigada: OS MAIOS. O luns, día13, todos os nenos e nenas do centro trouxeron unha flor, e algúns incluso máis!. Con todas elas e coa axuda da FUNDAÇOM ARTABRIA, elaboramos dous magníficos maios e ademais engalanamos a entrada do centro. Mirade, mirade as imaxes! Premer na imaxe para ver máis fotos Nestes videos apreciase o entusiasmo do alumnado e o grande valor artístico do seu traballo.
Damos as grazas á Fundaçom Artabria pola súa colaboración na recuperación das nosas tradicións. Premendo aquí accededes á nova, ligazón e imaxes elaboradas pola Fundaçom Artabria Todo o centro celebrando os maios e cantando a |
||||||
|
||||||
nun OBRADOIRO DE COIRO e NÓS. |
||||||
O mércores, día 15, o alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria participaron nun OBRADOIRO DE ABELLAS E APICULTURA, no que tiveron ocasión de aprender multitude de cuestións relacionadas con estes fascinantes insectos, os seus costumes, os produtos que fabrican e os múltiples beneficios que aportan á humanidade. Para ver máis fotos premer na imaxe. |
||||||
O martes, día 21, celebramos o ACTO DAS LETRAS GALEGAS no que recitamos un precioso poema de Marica Campo titulado Todo o alumnado do centro cantando e disfrutando na nosa lingua, TODOS XUNTOS FACEMOS GALEGO!!!
Máis fotografías do acto premendo aquí E aquí está un breve vídeo dese día onde podemos ver como disfrutamos todos cantando "A miña tía"
|
||||||
Durante toda a semana poidemos asistir á EXPOSICIÓN na LUDOTECA na que poidemos disfrutar de:
Moitas grazas aos que fixeron posible esta exposición coa súa aportación e en especial a Eduardo por permitirnos disfrutar da súa obra artesanal! Aquí tedes unha pequena mostra da exposición
|
||||||
Tamén durante toda a semana fomos organizando unha EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS e actividades feitas nas aulas para que todos poidamos coñecer e valorar o traballo dos demais. A esta exposición invitamos tamén ás familias para que vexan tamén que todos os nenos e nenas do Isaac Peral TRABALLAMOS MOITO E BEN!!!
|
||||||
Como colofón á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano poidemos asistir á unha preciosa OBRA DE TEATRO no instituto Saturnino Montojo, subvencionado pola ANPA do centro, o xoves, 30 de maio. O título da obra é O REINO DOS FANTOCHES.
|
||||||
PREMIOS "POESÍA E IMAXE"
CONCURSO "POESÍA E IMAXE" | ||
Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas de literatura universal en todas as linguas como mirandesa, xaponesa, catalá, persa, portuguesa e galega entre outras, coas correspondentes traduccións. No noso centro foron premiados o colectivo de 2º A cun traballo de María Mamede en lingua portuguesa e a alumna Laura Galindo de 3º A cun traballo sobre unha poesía mirandesa. Parabéns a todas e todos. A mostra permanecerá no "Carvalho Calero" de Ferrol ata o día 31 de maio. |
RECICLADO DE RESIDUOS INFORMÁTICOS, MÓBILES E PILAS
|
||||||
CAMPAÑA DE FOMENTO DO RECICLADO |
||||||
Todos somos conscientes da inxente cantidade de residuos de todo tipo que xeneramos e do prexudiciales que resultan para o medio ambiente. Por iso o centro promove dende hai anos a recollida selectiva de papel, plástico e residuos orgánicos. Pero agora queremos dar un paso máis: queremos promover tamén a recollida selectiva e o reciclado de cartuchos de impresoras, toner e telefónos móviles, obxectos que teñen un alto poder contaminante. Por este motivo, na entrada do centro pódense atopar dous contenedores de cartón no que se poden depositar no máis grande os residuos dos consumibles informáticos, e no máis pequeno os móbiles en desuso. BRÉTEMA TRATAMENTO DE RESIDUOS é a empresa que se vai ocupar da recollida dos mesmos.
Informámoslles tamén de que o centro dispón de contenedores para a recollida de pilas de todo tipo. |
||||||
![]() |
||||||
BUZÓN DE SUXERENCIAS
XA ESTÁ Á DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA O BUZÓN DE SUXERENCIAS |
||||
O buzón de suxerencias xa está a disposición da comunidade escolar. Está colocado dentro, á entrada do centro. Non dubiden en deixar as súas propostas ou comentarios. Unha vez lidas serán atendidas e, se procede, serán publicadas. Tamén, se queren facelo, pódense achegar as queixas ou suxerencias ao seguinte e-mail: isaacperalferrol@gmail.com |
||||
DÍA DO LIBRO 2013
ANTÓN CORTIZAS-MES DO LIBRO
1º CAMPEONATO DE CÁLCULO ALOHA NA CORUÑA
ALOHA, UN PROGRAMA DE DESENVOLMENTO MENTAL PARA NENOS DE 5 A 13 ANOS | ||
Boa sorte a todos! |
||
VISITA DE XABIER P. DOCAMPO
CONTACONTOS
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2 de abril |
||||
O día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, en homenaxe a Hans Christian Andersen, escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Da súa imaxinación saíron contos tan coñecidos como: O soldadiño de chumbo, O parrulo feo, O traxe novo do emperador... Trátase de promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e animar á lectura aos máis pequenos.
|
||||
No colexio dedicaremos estes días a sesión "A hora de ler" a recordar contos de Andersen que todos temos no maxín, e a ler outros do autor que o noso alumnado aínda descoñece, porque a lista é longa... Tamén coñeceremos outros contos a través de vídeos.
|
||||
PREMENDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A UNHA LISTAXE DE CONTOS DE ANDERSEN |
||||
Fai clic en cada título e... A DIVERTIRSE!!! | ||||
DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO | ||
Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno de espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar sobre o autismo, pero de momento cremos e percibimos polas nosas vivencias e polas dos nosos fillos que é moi necesario facer este tipo de accións. O trastorno de esectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas: - Alteracións na comunicación Facer visible o in Unha nai dun neno autista, agradecida pola labor da súa profesora, escribe as sensacións que o seu fillo transmite. Dedicámoslla a todos os mestres e familias que manteñen a súa ilusión de ser cada vez máis persoas traballando pola inclusión. Dous profesores de IES de Pontevedra, pais dun neno autista, contribuien cun video para axudar a derribar os tópicos que aínda existen arredor do "Trastorno de espectro autista" e para facer visible a realidade das persoas e das familias e profesionais directamente involucrados.
|
CONTACONTOS
DÍA DE ROSALÍA 2013
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA | ||
![]() Nos centros de ensino este ano celebrámolo o venres, día 22 de febreiro. E no noso centro escollimos o seu poema Adios ríos, adios fontes, para traballar na aula durante a semana do 18 ao 22 e este último día cantamos todos xuntos no patio a versión cantada por Amancio Prada deste poema. |
||
Estas son as imaxes da celebración conxunta | ||
Algúns dos recursos utilizados nas aulas foron os seguintes: | ||
Para coñecer a vida e obra da escritora galega máis universal a Fundación Manuel María de Estudos Galegos dispón na súa web dunha exposición en 20 paneis que se espuxeron no centro, así como unha unidade didáctica.
|
||
Nesta presentación coñecemos datos sobre a vida e a obra de Rosalía |
||
Para aprender o poema Adios ríos, adios fontes utilizamos os seguintes videos. Neste aparece a letra da poesía.
E este cunhas belas imaxes
|
||
BUSCADORES SEGUROS
BUSCADORES SEGUROS DE INTERNET PARA NENOS E NENAS: "HABELOS, HAILOS!" | ||
|
||
ENTROIDO 2013
SOMOS SOLIDARIOS
AXUDA SOLIDARIA |
||
A COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL NECESÍTANOS Os bombeiros de Ferrol-Narón están levando a cabo unha Campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para a Cociña Económica. O noso centro quere participar nesa campaña e por iso pedimos a colaboración das familias mandando alimentos non perecedeiros. A campaña remata o 20 de febreiro. Grazas pola vosa solidaridade! |
CELEBRACIÓN DA PAZ 2013
|
||
O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ | ||
OS NENOS E NENAS DO DESERTO DE SAHEL NECESÍTANNOS! |
||
CONTOS PARA A PAZ | ||
Aquí tedes unha pequena recompilación de contos relacionados coa Paz que podedes atopar na nosa biblioteca
|
||
Premendo aquí accédese a unha recompilación de recursos e actividades para a conmemoración do día da PAZ |
||
E chegou o día.... e así celebramos a PAZ | ||
Pódense atopar as fotografías na nosa galería de imaxes A recadación feita polo centro na carreira pola Paz foi de 687,28 €. Este diñeiro será enviado aos nenos e nenas do deserto de Sahel para que superen a desnutrición e que as súas familias poidan loitar contra a fame. GRAZAS POLA COLABORACIÓN! |
||
VISITA DE VIOLETA MONREAL
Nadal 2012
![]() |
|||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISAAC PERAL DESÉXALLES FELICES FESTAS | |||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
|
|||||||||
Estas son as panxoliñas que o noso alumnado practicou coas súas profes ou coa profe de música Mª Carmen. Aquí están os nosos pequenos nenos e nenas cantores... |
|||||||||
|
De especial mención é a panxoliña de 4º de primaria que se presentou ao concurso da radio "Bos días Javi Nieves" e quedou no segundo lugar. Noraboa ao alumnado e a profe de música.
|
|
|||||||
Descargar letra da panxoliña ![]() ![]() |
|||||||||
LIBROS PARA NADAL | |||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | |||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca ![]() |
|||||||||
|
GUÍA DE LECTURA NADAL 2012 |
|
|||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
|||||||||
![]() |
|
![]() |
|||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
|||||||||
Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo. Premede na presentación e poderedes ver as postais. |
|||||||||
|
|
||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
|||||||||
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
|||||||||
Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes.
|
|||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
|||||||||
XA VEÑEN OS REIS |
|||||||||
"A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes! OS REIS MAGOS NO ISAAC PERAL - NADAL 2012
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
|||||||||
Estaremos de vacacións dende o venres 21 de decembro ata o luns 7 de xaneiro ámbolos dous incluisive. As clases comezarán o martes 8 de xaneiro no horario habitual |
|||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
|
VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS
VISITA DE JOAN MANUEL GISBERT
EUROCHAVALES
SITIO WEB RECOMENDADO | |||
Para acceder podedes premer na imaxe |
Eurochavales é un sitio web especial da Representación da Comisión Europea en España para nenos de 6 a 14 anos, para os seus pais e profesores. Mediante unha serie de recursos e actividades que alí podedes atopar, inténtase motivar aos xóvenes ao esforzo e incentivar a formación do seu pensamento crítico e da súa expresión. Animámosvos a visitar EUROCHAVALES e valorar as posibilidades dos recursos que alí podedes atopar.
|
|
MOCHILA VIAXEIRA
A LECTURA É BOA!!!
|
|||||||
A mochila viaxeira sae de expedición con carga de ilusión para en familia entrar en acción; e logo, compartir moita comunicación.
|
|||||||
![]() |
![]() |
![]() |
|||||
Boa viaxe! Lendo, chégase máis lonxe. |
|||||||
COLABORACIÓN SOLIDARIA
COLABORACIÓN SOLIDARIA | ||||
- Alimentos non perecedeiros para Cáritas Parroquial. Deberán traelos en bolsas ou en caixas de cartón. O prazo máximo de entrega será o mércores 12 de decembro. GRAZAS A QUEN MANTÉN VIVA A SOLIDARIDADE QUE NOS DISTINGUE |