SAÍDA AO "TERCIO NORTE" | ||||
O xoves día 30, o alumnado do 1º ciclo tivemos un interesante encontro musical escoitando as melodías interpretadas pola Banda de Música do Tercio Norte.
O director da banda presentounos os distintos instrumentos. Psámolo todos moi ben. Ao remate do concerto didáctico tivemos unha sorpresa: uns cans adestrados esperábannos cos seus adestradores e fixeron unha divertida demostración que nos gustou moito. Por certo, o can favorito dos nenos e as nenas foi Luki!
|
||||
Act. Complementarias 12 - 13
O ALUMNADO DO 1º CICLO VAI AO "TERCIO NORTE"
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGASDO 13 AO 21 DE MAIO
|
||||||
Como corresponde a unha data tan importante, para a celebración das Letras Galegas este ano fixemos multitude de actos e actividades nas que participaron a totalidade do alumnado do centro e tamén as familias. |
||||||
Para comezar a celebración participamos dunha tradición galega moi arraigada: OS MAIOS. O luns, día13, todos os nenos e nenas do centro trouxeron unha flor, e algúns incluso máis!. Con todas elas e coa axuda da FUNDAÇOM ARTABRIA, elaboramos dous magníficos maios e ademais engalanamos a entrada do centro. Mirade, mirade as imaxes! Premer na imaxe para ver máis fotos Nestes videos apreciase o entusiasmo do alumnado e o grande valor artístico do seu traballo.
Damos as grazas á Fundaçom Artabria pola súa colaboración na recuperación das nosas tradicións. Premendo aquí accededes á nova, ligazón e imaxes elaboradas pola Fundaçom Artabria Todo o centro celebrando os maios e cantando a |
||||||
|
||||||
nun OBRADOIRO DE COIRO e NÓS. |
||||||
O mércores, día 15, o alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria participaron nun OBRADOIRO DE ABELLAS E APICULTURA, no que tiveron ocasión de aprender multitude de cuestións relacionadas con estes fascinantes insectos, os seus costumes, os produtos que fabrican e os múltiples beneficios que aportan á humanidade. Para ver máis fotos premer na imaxe. |
||||||
O martes, día 21, celebramos o ACTO DAS LETRAS GALEGAS no que recitamos un precioso poema de Marica Campo titulado Todo o alumnado do centro cantando e disfrutando na nosa lingua, TODOS XUNTOS FACEMOS GALEGO!!!
Máis fotografías do acto premendo aquí E aquí está un breve vídeo dese día onde podemos ver como disfrutamos todos cantando "A miña tía"
|
||||||
Durante toda a semana poidemos asistir á EXPOSICIÓN na LUDOTECA na que poidemos disfrutar de:
Moitas grazas aos que fixeron posible esta exposición coa súa aportación e en especial a Eduardo por permitirnos disfrutar da súa obra artesanal! Aquí tedes unha pequena mostra da exposición
|
||||||
Tamén durante toda a semana fomos organizando unha EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS e actividades feitas nas aulas para que todos poidamos coñecer e valorar o traballo dos demais. A esta exposición invitamos tamén ás familias para que vexan tamén que todos os nenos e nenas do Isaac Peral TRABALLAMOS MOITO E BEN!!!
|
||||||
Como colofón á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano poidemos asistir á unha preciosa OBRA DE TEATRO no instituto Saturnino Montojo, subvencionado pola ANPA do centro, o xoves, 30 de maio. O título da obra é O REINO DOS FANTOCHES.
|
||||||
DÍA DO LIBRO 2013
1º CAMPEONATO DE CÁLCULO ALOHA NA CORUÑA
ALOHA, UN PROGRAMA DE DESENVOLMENTO MENTAL PARA NENOS DE 5 A 13 ANOS | ||
Boa sorte a todos! |
||
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2 de abril |
||||
O día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, en homenaxe a Hans Christian Andersen, escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Da súa imaxinación saíron contos tan coñecidos como: O soldadiño de chumbo, O parrulo feo, O traxe novo do emperador... Trátase de promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e animar á lectura aos máis pequenos.
|
||||
No colexio dedicaremos estes días a sesión "A hora de ler" a recordar contos de Andersen que todos temos no maxín, e a ler outros do autor que o noso alumnado aínda descoñece, porque a lista é longa... Tamén coñeceremos outros contos a través de vídeos.
|
||||
PREMENDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A UNHA LISTAXE DE CONTOS DE ANDERSEN |
||||
Fai clic en cada título e... A DIVERTIRSE!!! | ||||
DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
O DÍA 2 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO | ||
Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno de espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar sobre o autismo, pero de momento cremos e percibimos polas nosas vivencias e polas dos nosos fillos que é moi necesario facer este tipo de accións. O trastorno de esectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas: - Alteracións na comunicación Facer visible o in Unha nai dun neno autista, agradecida pola labor da súa profesora, escribe as sensacións que o seu fillo transmite. Dedicámoslla a todos os mestres e familias que manteñen a súa ilusión de ser cada vez máis persoas traballando pola inclusión. Dous profesores de IES de Pontevedra, pais dun neno autista, contribuien cun video para axudar a derribar os tópicos que aínda existen arredor do "Trastorno de espectro autista" e para facer visible a realidade das persoas e das familias e profesionais directamente involucrados.
|
ENTROIDO 2013
CELEBRACIÓN DA PAZ 2013
|
||
O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ | ||
OS NENOS E NENAS DO DESERTO DE SAHEL NECESÍTANNOS! |
||
CONTOS PARA A PAZ | ||
Aquí tedes unha pequena recompilación de contos relacionados coa Paz que podedes atopar na nosa biblioteca
|
||
Premendo aquí accédese a unha recompilación de recursos e actividades para a conmemoración do día da PAZ |
||
E chegou o día.... e así celebramos a PAZ | ||
Pódense atopar as fotografías na nosa galería de imaxes A recadación feita polo centro na carreira pola Paz foi de 687,28 €. Este diñeiro será enviado aos nenos e nenas do deserto de Sahel para que superen a desnutrición e que as súas familias poidan loitar contra a fame. GRAZAS POLA COLABORACIÓN! |
||
Nadal 2012
![]() |
|||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISAAC PERAL DESÉXALLES FELICES FESTAS | |||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
|
|||||||||
Estas son as panxoliñas que o noso alumnado practicou coas súas profes ou coa profe de música Mª Carmen. Aquí están os nosos pequenos nenos e nenas cantores... |
|||||||||
|
De especial mención é a panxoliña de 4º de primaria que se presentou ao concurso da radio "Bos días Javi Nieves" e quedou no segundo lugar. Noraboa ao alumnado e a profe de música.
|
|
|||||||
Descargar letra da panxoliña ![]() ![]() |
|||||||||
LIBROS PARA NADAL | |||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | |||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca ![]() |
|||||||||
|
GUÍA DE LECTURA NADAL 2012 |
|
|||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
|||||||||
![]() |
|
![]() |
|||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
|||||||||
Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo. Premede na presentación e poderedes ver as postais. |
|||||||||
|
|
||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
|||||||||
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
|||||||||
Pois ben, o mércores chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes.
|
|||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
|||||||||
XA VEÑEN OS REIS |
|||||||||
"A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes! OS REIS MAGOS NO ISAAC PERAL - NADAL 2012
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
|||||||||
Estaremos de vacacións dende o venres 21 de decembro ata o luns 7 de xaneiro ámbolos dous incluisive. As clases comezarán o martes 8 de xaneiro no horario habitual |
|||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
|