![]() |
||||
O día 22 de maio, o alumnado de 4º curso puido engadir un novo "regalo literario" á súa aprendizaxe. Esto fixoo posíbel o escritor Antón Cortizas. |
||||
Rosalía e os equinodermos foi a obra de Antón seleccionada para que leran os rapaces. Ademais do pracer da lectura, os nenos e nenas non vían o día de poder facerlle a Antón unha morea de preguntas sobre a arte de ser escritor. Chegado este día soleado do mes das "nosas letras", Antón entrou na biblioteca que quere tanto; tanto, que lle prestou e, mesmo parece, lle regalou o seu nome. Coa súa presenza, apareceu a calma e a atención. E, atentamente o recibiron cun muíño de vento, feito seguindo as instruccións do libro do autor: Tastarabás. E, sen présa, pero sen pausa, Antón, botando man duns materiais tan sinxelos coma un escarbadentes e unhas tiriñas de papel, fixo, para ledicia de todos, unha buxaina que bailaba e bailaba manténdose de pé. |
||||
Do tempo de enredar pasaron ao de preguntar: "Por que nos teus libros aparece o nome de Rosalía? En que tempo escribiches Rosalía e os equinodermos? Tes pensado publicar algún libro proximamente? A quen llo dedicarás? Que hai que facer para ser escritor?"... Aquí, Antón tomou a palabra e, dese xeito que el ten de mesturar o traballo de profesor co escritor que leva dentro, díxolles: "Un pode escribir moito e moi rápido, pero para escribir ben hai que observar moito, escoitar outro tanto, e despois imaxinar; xogar coas palabras, escribilas, reescribilas, ler o que se escribe, mesmo en voz alta; xuntar o fondo coa forma e notar que quedan ben, que soan coma se fose música, que fan sentir". |
, , | |||
Para agradecerlle tantas ensinanzas, tiñan escollido e musicado un poema que da título á súa obra Érase unha vez na quimbamba,e cantáronlle a coro.
Tamén lle regalaron un libriño cunha tarxeta, na que con moito agarimo lle escribiron: "Padriño, ti es a nosa estrela".
|
||||
Dinamización L. Galega Curso 12 - 13
DE NOVO: ANTÓN CORTIZAS
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGASDO 13 AO 21 DE MAIO
|
||||||
Como corresponde a unha data tan importante, para a celebración das Letras Galegas este ano fixemos multitude de actos e actividades nas que participaron a totalidade do alumnado do centro e tamén as familias. |
||||||
Para comezar a celebración participamos dunha tradición galega moi arraigada: OS MAIOS. O luns, día13, todos os nenos e nenas do centro trouxeron unha flor, e algúns incluso máis!. Con todas elas e coa axuda da FUNDAÇOM ARTABRIA, elaboramos dous magníficos maios e ademais engalanamos a entrada do centro. Mirade, mirade as imaxes! Premer na imaxe para ver máis fotos Nestes videos apreciase o entusiasmo do alumnado e o grande valor artístico do seu traballo.
Damos as grazas á Fundaçom Artabria pola súa colaboración na recuperación das nosas tradicións. Premendo aquí accededes á nova, ligazón e imaxes elaboradas pola Fundaçom Artabria Todo o centro celebrando os maios e cantando a |
||||||
|
||||||
nun OBRADOIRO DE COIRO e NÓS. |
||||||
O mércores, día 15, o alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria participaron nun OBRADOIRO DE ABELLAS E APICULTURA, no que tiveron ocasión de aprender multitude de cuestións relacionadas con estes fascinantes insectos, os seus costumes, os produtos que fabrican e os múltiples beneficios que aportan á humanidade. Para ver máis fotos premer na imaxe. |
||||||
O martes, día 21, celebramos o ACTO DAS LETRAS GALEGAS no que recitamos un precioso poema de Marica Campo titulado Todo o alumnado do centro cantando e disfrutando na nosa lingua, TODOS XUNTOS FACEMOS GALEGO!!!
Máis fotografías do acto premendo aquí E aquí está un breve vídeo dese día onde podemos ver como disfrutamos todos cantando "A miña tía"
|
||||||
Durante toda a semana poidemos asistir á EXPOSICIÓN na LUDOTECA na que poidemos disfrutar de:
Moitas grazas aos que fixeron posible esta exposición coa súa aportación e en especial a Eduardo por permitirnos disfrutar da súa obra artesanal! Aquí tedes unha pequena mostra da exposición
|
||||||
Tamén durante toda a semana fomos organizando unha EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS e actividades feitas nas aulas para que todos poidamos coñecer e valorar o traballo dos demais. A esta exposición invitamos tamén ás familias para que vexan tamén que todos os nenos e nenas do Isaac Peral TRABALLAMOS MOITO E BEN!!!
|
||||||
Como colofón á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano poidemos asistir á unha preciosa OBRA DE TEATRO no instituto Saturnino Montojo, subvencionado pola ANPA do centro, o xoves, 30 de maio. O título da obra é O REINO DOS FANTOCHES.
|
||||||
PREMIOS "POESÍA E IMAXE"
CONCURSO "POESÍA E IMAXE" | ||
Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas de literatura universal en todas as linguas como mirandesa, xaponesa, catalá, persa, portuguesa e galega entre outras, coas correspondentes traduccións. No noso centro foron premiados o colectivo de 2º A cun traballo de María Mamede en lingua portuguesa e a alumna Laura Galindo de 3º A cun traballo sobre unha poesía mirandesa. Parabéns a todas e todos. A mostra permanecerá no "Carvalho Calero" de Ferrol ata o día 31 de maio. |
ANTÓN CORTIZAS-MES DO LIBRO
VISITA DE XABIER P. DOCAMPO
CONTACONTOS
CONTACONTOS
DÍA DE ROSALÍA 2013
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA | ||
![]() Nos centros de ensino este ano celebrámolo o venres, día 22 de febreiro. E no noso centro escollimos o seu poema Adios ríos, adios fontes, para traballar na aula durante a semana do 18 ao 22 e este último día cantamos todos xuntos no patio a versión cantada por Amancio Prada deste poema. |
||
Estas son as imaxes da celebración conxunta | ||
Algúns dos recursos utilizados nas aulas foron os seguintes: | ||
Para coñecer a vida e obra da escritora galega máis universal a Fundación Manuel María de Estudos Galegos dispón na súa web dunha exposición en 20 paneis que se espuxeron no centro, así como unha unidade didáctica.
|
||
Nesta presentación coñecemos datos sobre a vida e a obra de Rosalía |
||
Para aprender o poema Adios ríos, adios fontes utilizamos os seguintes videos. Neste aparece a letra da poesía.
E este cunhas belas imaxes
|
||