O 23 de abrilé un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 finaron Miguel de Cervantes e WilliamShakespeare.
É por este motivo que aUNESCO elixíu esta data para homenaxear ao libro e aos autores, animando a todo o mundo a descubrir o pracer da lectura: "Leer para vivir", lema para o Día Mundial do Libro 2013.
CELEBRACIÓN NO COLEXIO
Nós tamén creamos un lema:
""
Cada alumno/a comparteu cos demais a paixón polo seu libro preferido, rotulando o título e facendo unha ilustración alusiva.
Con todos os traballos fixemos unha exposición na subida da escaleira.
En educación infantil decoramos os corredores co traballo :
""
"COMPARTIMOS HISTORIAS"
Na semana do 15 ao 19 de abril o alumnado de cada curso leu un conto tradicional ao curso do nivel inferior.
Aquí están nenos e nenas de 1º facendo unha representación para os grupos de 3 anos.
s
ACHEGÁMONOS Á OBRA DE CERVANTES:
"O QUIXOTE"
Para coñecer a introducción á obra máis relevante de Cervantes, utilizamos este vídeo:
E este outro vídeo para aprender a canción: "Quijote, Sancho".
CELEBRACIÓN CONXUNTA
O 23 de abril, día grande no mes do libro, celebrámolo todos xuntos no patio, nun breve, pero significativo acto literario.
UNHA MOSTRA DAS PRODUCCIÓNS DO ALUMNADO RELACIONADAS CON ESTA CONMEMORACIÓN