E chegou o 15 de abril. O día esperado polos cursos de 1º e 2º de Primaria para encontrarse co escritor e profesor
Xabier Docampo.
Chegou e mirounos. Sorprendeunos moito o seu conto que seguro saíu do seu sombreiro. Non tivemos moito tempo para falar con el, pero nós disfrutamos moito lendo os seus libros: Anena de auga e o príncipe de lume, e Adecisión de Valerio.
Deixou unha fermosa pegada nas dedicatorias que escribíu nos libros dos nenos e nenas, xa que eran debuxos diferentes.
Gustaríanos disfrutar dunha maneira máis sosegada da maxia das túas palabras.