Actividades

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GRUPO, 60 NO CORAZÓN DE RIBEIRA"

O PASADO VENRES 19 DE NOVEMBRO PRESENTOUSE O LIBRO DA HISTORIA DO GRUPO

                                                                

O prezo do libro é 15 euros, e podédelo mercar no propio centro; Ceip O Grupo (Miguel Rodríguez Bautista, 22) e nestas librarías de Ribeira:

  • Libraría Sanyg
  • Libraría Nobel
  • Libraría Máster
  • Libraría Mirás
  • Libraría León de Padín
  • Quiosco da plaza de Benetton

 

Accede á galería para ver as fotos

ACTO HOMENAXE AOS MESTRES XUBILADOS

 

 

Este sábado 8 de maio vimos de celebrar dentro das actividades de conmemoración do 60 aniversario da creación do noso centro un acto para homenaxear a todas aquelas persoas que traballaron no corazón de Ribeira, no Grupo.

 

 

 

 

Clica na ligazón para entrar á galería de imaxes do evento

 

Acto Homenaxe aos mestres xubilados

Pola presente teño o pracer de convidalo/a, ao acto de homenaxe as mestras e persoal non docente xubilado do CEIP O Grupo. Este vai ter lugar o vindeiro Sábado 8 de maio de 2010.

Para eso temos previsto o seguinte calendario de actividades

11:00 Recepeción no Conservatório Municipal.

11:30 Benvida a cargo do director do CEIP O Grupo, don Anxo Corbelle Magariños.

11:40 Conferencia “Vivencias como mestras do Grupo”  a cargo de dona Dolores Rodríguez, dona constantina Reiriz e dona Amalita Méndez. As 3 son mestras xubiladas do CEIP O Grupo.

12:05 Lectura do poema  a cargo do mestre e ex-director do Grupo don Pedro Rovira Magariños.

12:10 Entrega de Placas aos docententes e persoal de servizos do CEIP O Grupo.

13:00 Descubrimento da Placa homenaxe do 60 aniversario na fachada do edifício.  Breves palabra do director e das autoridades presentes (Xefa Territorial, Deputada Provincial e alcalde).

13:30 Baile galego a cargo do Grupo de Baile do Grupo no hall.

13:40 Visita guiada ao colexio ensinando as dependéncias.

14:00 Pinchos de confraternización.

15:00 Comida só para mestres.
- Vai ser no restaurante do Clube Náutico de Ribeira .
- Precísase reservar con antelación, antes do 4 de maio, facendo un ingreso de 40 €uros na conta de Caixa Galicia 2091-0303-89-3040019116. Ao facer o ingreso haberá que dicir o nome e apelidos para confirmar a reserva,
- Poderase traer acompañante facendo o ingreso pertinente.   
- A cada asistente á comida entregaráselle un agasallo conmemorativo.

Esperando contar coa súa presenza, saúdalle:

Anxo Corbelle Magariños
Director do CEIP O Grupo

CONFERENCIA "EDUCACIÓN EN RIBEIRA NOS ANOS 50"

O próximo día 10 de decembro de 2009 estades invitados á conferencia impartida por D. José M. Pérez Lustres "Chenel" E José Antonio Otero Sobrido que se celebrará no Conservatorio Municipal ás 19:00 horas. O título da conferencia "Educación en Ribeira nos anos 50". Ao rematar proxectaranse imaxes das escolas de Ribeira da época.

Agardamos contar coa vosa presencia, estades todos/as invitados/as!.

Anxo Corbelle Magariños

Presidente da Comisión  do 60 aniversario do CEIP O Grupo de Ribeira. 

UNHA FESTA FIN DE CURSO DE 60 ANIVERSARIO

O fin de curso 2008-09 celebramos unha festa inimaxinable, á altura de todo un 60 aniversario.

Na imaxe superior vemos unha escolma dalgunhas das actividades realizadas e dende aquí agradecemos a colaboración do Concello de Ribeira a través de Concellería de Educación e Cultura, da Deputación da Coruña, da Academia de perruquería Yara, da Academia de baile Tomasón, das mamás da ANPA, dos mestres/as colaboradores/as e de todo o alumnado.

Contamosvos aos que non estivestes o que fixemos:

O venres 19 de xuño tivemos as seguintes actividades:

A obra de teatro "O GRANDE TESOURO MARIÑO" ao que asistiu en varias quendas todo o alumnado do centro. A obra foi escrita e Dirixida por Fina Outeiral, colaboraron varios mestres/as de infantil e primaria: Gena, Loly Iglesias, Luis Teira, Elena Varela, O atrezzo foi elaborado pola coidadora Estefanía. A intrepretación estelar foi dun equipo de mamás da ANPA. 

- Ao rematar as quendas do teatro realizouse un encontro de Brilé mestres/as

 

O luns 22 de xuño tivemos todas estas actividades:

- Obradoiro de Cociña cos cociñeiros Manuel Rivas e Saúl Framiñán. Onde nos ensinaron algunha obra de arte coas froitas e verduras e onde tamén elaboramos deliciosas e fresquiñas brochetas de froita.

- Obradoiro de maquillaxe. A mamás de dúas alumnas do centro axudaron co persoal da súa perruquería Yara, neste obradoiro de maquillaxe, onde todolos alumnos/as se convertían en fachendosas obras de arte facial. 

- Obradoiro de comida tenebrosa. O Equipo de Infantil elaborou unha sesión de elaboración e degustación de comida tenebrosa: arañas, dedos de momia, osos de morto, ataudes varios... Se disfrutamos elaborandoas, máis aínda ao comelas, non quedou nin unha faragulla.

- Karaoke. Na aula de PT2 habilitouse un grandioso e catártico karaoke onde neos e maiores  afinaron mellor ou peor as cancións de hoxe e de onte solicitadas.

- Actuación do Mago Romarís. Este famoso mago deixou a propios e extraños coa boca aberta ao manexar con abraio cartas, cordas, botellas máxicas...

- Actuación do grupo de Baile rexional do cole. O noso grupo de folcklóricos galegos interpretou varias pezas no palco habilitado no patio do centro, dirixidos con acerto pola mestra Teté.

- Exhibición de Baile Latino da Academia Tomasón. alumnos da academia e do noso centro interpretaron con mestría latina varias pezas deixando aos espectadores absortos cos movementos coordinados da cadeira.

- Solo de Flauta do alumno Carlos Calvo. Unha vez máis o alumno de 6ºB, Carlos Calvo interpretou un solo de frauta.  

- Entrega de Premios dos Certames das Letras Galegas 2008-09.

Para rematar deixamosvos o mellor de todo:

- Hinchables. Duante toda a mañá e respectando rigurosamente as quendas disfrutamos de tres hinchables. Descalzarse, saltar, xirar, chocar, trepar e deslizarse. Unha pasada!.

- Reparto da revista Alborada polo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla. Estes personaxes do noso cole repartiron unha revista novidosa, inclúe o clásico formato en papel e un DVD con música, moitas imaxes, video e incluso varios xogos. Este DVD é para uso no PC  e é importante ter instalado no PC o programa Flash.

Clica para ver a Galeria de imaxes

Conferencia " A Construcción do Grupo"

O 28 de maio de 2009 numerosos mestres e anteriores mestres/as, representantes do concello, pais e nais do noso cole asistiron á conferencia que levaba por título:"A Construcción do Grupo".

Ao redor das 19:30, no salón de actos do Conservatorio Municipal de Ribeira, D. Emilio Rodríguez López (Erolo) e D. José Antonio Otero Sobrido nos ilustraron con datos curiosos e anécdotas divertidas nunhas ponencias amenas ao redor da historia da creación do noso cole e da Educación en Ribeira que se pecharon cunha pequena quenda de preguntas dos asistentes aos conferenciantes.

A Comisión xa está a preparar outra conferencia para próximas datas, da que faremos mención nesta páxina e a través das canles habituais.   

Clica para ver imaxes da galería

 

Exposición: "Os Documentos Do Grupo"

Dentro do ciclo de Actividades organizadas pola Comisión do 60 Aniversario do centro,  o 28 de Maio celebramos unha exposición no edificio principal do cole titulada "Os Documentos do Grupo". Coa inestimable colaboración do Concello e da documentación facilitada polo  arquiveiro municipal xunto coa dispoñible no centro organizamos unha mostra de documentos "curiosos" que teñen que ver coa orixe e evolución do noso centro. A mostra seguirá aberta os próximos días para que a poida visitar máis xente da comunidade educativa interesada. Invitámosvos a vela.

Clica para ver a galeria de imaxes

 

Exposición "As Cousas do Grupo"

"As Cousas do Grupo"

O xoves 23 de abril de 2009 inauguramos na nosa escola a exposición de material didáctico e mobiliario escolar da época dos nosos avós. Para esta exposición, en colaboración co CEFORE, o Mupega cedeunos mobiliario para recrear como era unha escola nos anos 60. Do mesmo xeito incrementamos a mostra con material pertencente a este centro desde as súas orixes e tamén con mostras cedidas temporalmente pola familias do nosos alumn@s.

 Ver  galeria de imaxes

 

Seguidamente, grazas as xestións do CEFORE de Santiago, sección da Pobbra, organizamos a primeira das conferencias programadas con motivo do 60 aniversario do centro.

Sobre as 19:00, no salón de actos do conservatorio de Ribeira tivemos a conferencia a cargo do catedrático de historia da Educación da USC, D. Antón Costa Rico, titulada "A Escola Nacional Católica: ideoloxía, mitos, poucos saberes e boa conduta".

Distribuir contido