DEPORTE COMPETITIVO EN IDADE ESCOLAR

 

O Grupo como é habitual nos últimos anos ven participando en diferentes modalidades de Deporte en Idade Escolar, xa sexa na modalidade Polideportivo Cultural, sexa na tradicional Competitiva.

CAMPO A TRAVÉS: PREPARATORIA SAN ROQUE (Ribeira)

Proba Campo a Través: San Roque Ribeira

 

Reunindo a atletas desde benxamín ata cadete de Ribeira e vilas achegadas, reuniuse unha gran masa de deportistas. Esta proba servía para arrancar a tempada escolar 2008-09  de Campo a Través. 

clica na imaxe para ver a galeria de imaxes 

CAMPO A TRAVÉS: CLASIFICATORIA INTERCOMARCAL A POBRA

 

Atletas Clasificatoria Intercomarcal Pobra 2009

 

Logo de realizarmos a proba de campo a través anterior, no Parque Periurbán de San Roque, na que se elixiron aos tres mellores equipos femininos e masculinos de cada categoría, e tamén aos 6 mellores clasificados individuais que non estiveran incluidos nun equipo clasificado, reunimos uns cantos rapaces do Grupo para ir correr ás pistas de Atletismo da Pobra. Xuntamos a galería de imaxes dalgunhas instantáneas do evento.

Destacar o esforzo de tódolos participantes que acudían coa ilusión de seren os/as elexidos/as para representar ao cole.

 Clica para ver a galeria de imaxes

 

 

 

ACTIVIDADE POLIDEPORTIVO CULTURAL: DEPORTE NA ESCOLA

 

Por primeira vez neste centro participamos coa colaboración de titores/as, nenos/as e familias, nesta interesante e recente modalidade polideportiva porque se practican varios deportes: voleibol, fútbol Sala, Baloncesto e balonmán, e por outra banda cultural porque se celebra un enfrontamento cultural por parellas dos dous centros que se enfrontan. Os equipos son mixtos en Primaria e participamos cun equipo de 2º e 3º ciclos de primaria, uns 20 nenos de cada ciclo enfrotáronse a doble partido con outros centros inscritos da comarca, neste caso nós, enfrontámonos co centro Pilar Maetzu de Pobra e co centro Santa María do Castro, en Cabo de Cruz (Boiro).  O obxectivo deste programa non é gañar ou perder senón competir, convivir e practicar independientemente no nivel de habilidade diferentes modalidades deportivas se esquecer o enfrontamento de preguntas por parellas a preguntas e respostas. (enlace coas bases de deporte na escola (pdf)).

 CADRECHE - GRUPO   GRUPO - CABO DE CRUZ  GRUPO - CADRECHE  CABO DE CRUZ - GRUPO 
       
 Polideportivo Tomada  Polideportivo Fieiteira  Polideportivo Fieiteira  CEIP Santa Mª do Castro
 Co obxectivo de que participasen o maior número posible de alumnos/as e tamén coa intención de perxudicarlles o menos posible o ritmo de estudos, xa que sempre foi en horario escolar, en cada enfrontamento levabamos unha aula das catro que compoñen o 2º e o 3º ciclo de primaria. Para algúns nenos foi a primeira experiencia e ao principio pasaron nervios ou angustia porque non eran moi bos neste ou naquel deporte, a idea é xustamente esa probar a competir noutras cousas cooperando xente de diferente nivel nun equipo e aprendendo a competir dunha forma educativa. A valoración global para nenos, titores/as e mestres de E.F. foi moi positiva. 

AGARDAMOS REPETIR PARA O ANO!

 

 

 

  

AdxuntoTamaño
TODO_LIBRO_DEPORTE_NA_ESCOLA.pdf1.38 MB
TODO_LIBRO_COMPETICION_DXTIVA.pdf2.01 MB