Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

TAREFAS XOVES 21 DE MAIO

Ola familias!!! esperamos que todo vai ben polas vosas casas. E dadelles un bico a nosos nenos e nenas.

Para hoxe vos deixamos as derradeiras fichas da leta D. E unha ficha de completar cos numeros que faltan, como outras que xa fixeron.

E ademáis alguha actividade máis online.Estanlles gustando???( sumas faciliñas, e unir cada debuxo coa vogal pola que comenza o seu nome).

Nuns días vos diremos como facer para que nolas poidades enviar.

 

 Sumas 

Vocales

TAREFAS MÉRCORES 20 DE MAIO

Bos dias!!! Como levades a semana???? Xa chega o bo tempo,  e esperamos que vos alegre un pouquiños os días.

Nós temos que seguir coas tarefas para que estes pequenos e pequenas non esquezan o aprendido

Para hoxe en lectoesritura continuamos coa letra D. E en loxicomatemáticas unha ficha dunha figura xeométrica, neste caso o óvalo,( ten diferente estructura que as anteriores figuras xeométricas, pero seguimos con figuras planas).

A maiores vamos incluir algunha tarefa máis online. Si lles están gustando, facédenolo saber , para poder incluir máis tarefas deste tipo. Porque ademáis si vos interesa podemos  facer que nos enviedes as fichas tan so premendo un botón e podémolas corrixir; e incluso podedes rexistrarvos na páxina ( vos diremos como) para traballar dende ela.

 

 Completa

Formas geométricas  

PROPOSTA DE TAREFAS MARTES 19 DE MAIO

 Para hoxe, ademáis da tarefas habituais vos deixamos un par de actividades en liña que os nenos e as nenas poden facer directamente dende o dispositivo electrónico.

Tomade estas tarefas como unha proba para ver si este tipo de actividades serían factibles para todos, sobre todo para as familias que so teñan un dispositivo  ou o móvil.

Sabemos que os nenos e nenas empezan a mostrarse cansos, e que nunca é igual para eles facer a escola na escola cos compañeiros e a mestra que facer a escola na casa cos pais; a motivación e máis complicada.E a toda esta situación extraña lle hai que sumar que se achega o fin de curso onde xa en cisrcusntancias normais empezan a estar cansos.

Porto todo isto temos  que buscar novas formas de motivalos, e de que continuen facendo as súas tarefas de diferentes xeitos.

PINCHADE NOS ENLACES E XA NOS CONTAREDES COMO RESULTA. (Hoxe non é necesario que nos enviedes estas tarefa).

 

Números vecinos

Puzzle

 

Tarefas para o martes 19 de maio

Ola! Xa tedes na web as tarefas para hoxe. Seguimos coa letra D. E, en mates, tedes que encher cos números que faltan.
A manualidade de hoxe consiste en facer un maio. Se non sabedes por onde empezar, podedes debuxar un triángulo nun folio ou cartolina e ir pegando flores  e froitas ( de verdade ou recortadas) ou debuxalas. E tamén pode ser de verdade! A por ello, que sodes uns artistas e os ides facer moi bonitos para que poidamos as  fotos dos vosos maios á web do cole.

OUTRA TAREFA DAS LETRAS GALEGAS.

 

Como onte foi o día das letras galegas, dixamosvos neste enlace algunha tarefa máis especialmente diseñada para os nenos de 5º de Educación Infantil( 4 anos), polo Seminario Galán.

Poden facelas directamente no dispositivo electrónico pinchando neste enlace.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/461

TAREFAS DO LUNS 18 DE MAIO

Bos dias!!!! esperamos que disfrutarades da fin de semana e que collerades folgos para comenzar a semana con forza .

En lectoescritura, esta semana imos a traballar con outra letra, e a que nos toca é a letra D. Así que ao longo da semana iremos colgando as fichas correspondentes a esta letra, do mesmo xeito e na mesma liña que as fichas da semana pasada.

Gustaríanos que fixerades tamén un botiño da letra D para gardar as palabras que se vos vaian ocurrindo ao longo da semana e que comencen por D.

En loxicomatemáticas, vos propoñemos, para hoxe, que si tedes un xogo de cartas xoguedes con alguén da familia ao xogo do unillo. Xógase igual que ao cinquillo pero desta vez partimos da carta que ten o número 1 de cada pau, e os xogadores teñen que ir completando a escaleira en orde, ata rematala. Gaña quen primeiro esgote as cartas.

Como vedes, hoxe son tarefas moi lixeiriñas. Ánimo que comenzamos semana!!!!

BIQUIÑOS AOS PEQUERECHOS E PEQUERRECHAS, DAS SÚAS PROFES ANA E MARÍA.

PROGRAMACIÓN SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

CUADRO PROGRAMACION 18-22 MAIO

CONTO DIA DAS LETRAS GALEGAS

TAREFAS DO VERNES 15 DE MAIO

Hoxe é o día da familia .Asi que feliz día a todas as familias!!!!

Esperamos os  vosos debuxos da famila con moitas ganas. Algúns xa nos chegaron.

 E ademáis o domingo é día 17 de maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS.

E por este motivo vos imos deixar unha actividade moi chula e diferente, tratase dun escape room educativo sobre Carballo Calero, autor ferrolán ao que se adica este ano a edición das Letras Galegas.

Antes de facelo, convén que leades cos nenos e as nenas o conto dos Bolechas que vos deixamos nos arquivos adxuntos.

Para o escape room tedes que pinchar neste enlace e realízase directamente no voso dispositivo electrónico:

 https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

 Tamén vos deixamos unha ficha para completar os números que faltan nunha serie de números ata o 20.

E para os que fixechedes o bote para as palabras que comencen por T, tedes que sacalas do bote tentar lelas, e facer un debuxo ou buscar una imaxe de cada palabra; e cando teñades todas imaxes ou debuxos coa súa palabra metedes todo outra ves no bote  e o gardadades.

Con ese bote de palabras e imaxes podedes xogar as veces que queirades a buscar e relacionar cada palabra co seu debuxo, e así practicades a lectura.

Boa fin semana!!!!! 

 

 

 

 

TAREFAS XOVES 14 DE MAIO

OUTRO DÍA MÁIS VOS DEIXAMOS AS TAREFAS QUE TOCAN PARA HOXE.

De lectoescritura as derradeiras fichas da letra T.

De  loxicomatemáticas unha ficha para traballar cos números da matrícula do voso coche, e se non tedes coche podedes facelo coa matrícula do coche dun amigo, do avó, dun tío ou dun coche que vexades pola fiestra.

 E para rematar como mañá día 15 de maio, é o día familia, gustaríanos moito que fixerades  un debuxo da vosa a familia e o colorearades ben bonito. Despois debaixo de cada membro da familia escribides quen é cada persoa. E arriba de todo da folla con letra moi ben escrita poñedes de título "A MIÑA FAMILIA".

Cando o teñades rematado, entre hoxe e mañá, mandádenos unha foto do debuxo, para que o poidamos ver.ESTAMOS ESPERANDO POR ELES!!!!!!!

Un biquiño enorme para os nenos e as nenas máis guapos e listos de todo o cole, que son os  das aulas de 4 anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut