Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

CUMPREANOS ABRIL

Felicitacións aos nenos de 4 anos A que  cumplen no mes de abril.Esta é a homenaxe dos seus compañeiros/as 4 de anos A e 4 anos B.CARTEL  CUMPREANOS ABRIL

TAREFAS DO LUNS 27 DE ABRIL

Xa estamos de volta outra vez, dunha fin de semana que todos esparabamos con moitas ganas, para que os máis pequenos pudieran sair a dar unha voltiña despóis de mais de 40 días sin sair da casa.

Esperamos que todos o disfrutarades.

Por iso, unha das tarefas de hoxe será facer un debuxo da saída( quen vos acompoñou, se levastes algún xoguete e cal foi, ata que  lugar chegachedes, como vos sentistes,...)

E as outas tarefas son para continuar celebrando o dia do libro; deste xeito o luns e o martes tedes que  ver o conto da outra clase e facer as actividades do  conto correspondente.

Deste xeito os nenos de Ana ( 4anos A) traballarán co conto da profe María , A que sabe a lua.

E os nenos da profe Maria (4 anos B) traballarán co conto da profe Ana , La cebra Camila.

TEDES OS CONTOS NOS VOSOS CORREOS.

Recordade que igual que a semana pasada , podedes facer as tarefas dos contos repartidas en dous dias, o luns e o martes, xá que  programamos para que o puidesedes facer así., sen agobios.

Recordade que si  non tedes impresora, podedes facelo  en fólios dun xeito similar; si non podedes debuxar  escribides os nomes dos debuxos en maiúsculas..

PROGRAMACION DA SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

CUADRO PROGRAMACION

Tarefas para o Xoves e Venres 23 e 24 de Abril

O 23 de Abril celébrase o día do Libro. Para estes 2 días tedes que visualizar o vídeo dun conto que vos enviamos ao correo e despois facer os traballos que corresponden á vosa clase. As tarefas podedes repartilas como queirades para facelas en varias sesións.

Tedes tamén un xoguiño que atopamos en internet sobre "A Cebra Camila" : 

     https://es.liveworksheets.com/sv175798fp

Ademáis, gustarianos que os nenos fagan tamén un marcapáxinas do conto que lles corresponde.

 

TAREFAS MÉRCORES 22 DE ABRIL

Ola familias!!!! Hoxe vos deixamos 4 actividades.

  • "Robavocales", xa sabedes que os nenos e as nenas teñen que recuperar as vogais.
  • Xogamos ao escondite: neste xogo os pais e/ou as nais teñen que preparar 20 obxectos e numeralos cunha etiqueta ou co número escrito no propio obxecto, pero ben visible, e escondelos pola casa.Os nenos e as nenas deberán atopalos e despois ordealos segundo a recta numérica ata o 20 ; é dicir, dende o que ten a etiqueta número 1 ata o que ten a etiqueta número 20.
  • Debuxamos un refrán. Nun folio teñen que escribir o refrán : EN ABRIL, AGUAS MIL ( en maiúsculas, e o poden copiar se previamente o escribides vós noutra folla). E despois teñen que debuxar o que significa.
  • Felicitación de cumpreanos para os cumpreaneiros do mes de abril; que neste mes son todos da clase da profe Ana.( Esta tarefa ten como limite de entrega o vindeiro martes  28, para poder elaborar unha felicitación conxunta e colgala na web do cole).

TAREFAS MARTES 21 DE ABRIL

Bos dias!!!! hoxe vos deixamos tres actividades ben sinxeliñas de numeración, de escritura e  de razoamento e atención.

  • Palabras segredas: teñen que escribir debaixo de cada debuxo a súa inicial e ao final conseguirán formar unha palabra que deberán ler.
  • Decoramos camisetas: teñen que decorar con pegadas dos seus dedos formando tantos lunares como número  se indica no pantalón correspondente.
  • Gusano  serie: continúan a serie de tres cores sempre na mesma orde.

 

TAREFAS DO LUNS 20 DE ABRIL

Unha semana máis , e un luns máis para seguir traballando dende a casa. Esperamos que a fin de semana vos servira para coller folgos para comenzar con ganas.

Aqui vos explicamos as tarefas de hoxe, na liña das da semana pasada, para continuar cos contidos e actividades que empezamos.

  • En lectoescritura tedes outra ficha de "robavocales", como sabedes roubaronnos as vogais e os nenos e nenas teñen que recuperalas para poder ler esas palabras.
  • En matemáticas seguimos co libriño das figuras xeométricas, esta vez co triángulo. Repasamos  e coloreamos nunha ficha e na outra buscamos obxectos con forma triangular e os pegamos no espacio indicado. Recordando sempre que traballamos con figuras planas.
  • E por último os nenos e as nenas teñen que facer un colar con macarróns . O colar ten que ser de tres cores e teñeno que facer seguindo unha serie (por exemplo, o-o-o-o-o-o). Poden pintar os macarróns con témpera, rotulador ou coa pintura apta para nenos que teñades por casa. GUSTARÍANOS VER FOTOS DESA XOIA.

PROGRAMACIÓN DO 20 AO 24 DE ABRIL

CUADRO DE PROGRAMACION SEMANAL

TAREFAS VERNES 17 DE ABRIL

 

Para hoxe temos actividades moi sinxelas:

Un abecedario en maiúsculas para repasar por encima. Procurade que o neno colla ben o lapis e que tente ir polo camiño sen saírse del.

Conta cos dedos e suma: teñen que contar os dedos de cada man e encher cada cadradiño co número que corresponda. Despois, teñen que escribir o resultado desa suma no cadro final. Aquí é importante que sexan conscientes do que contan e do que escriben, asociando así a cantidade co número.

Un conto para que o descarguedes e o leades con eles. E despois que fagan o debuxo correspondente e escriban o título.

Lembrade: non é necesario imprimir as fichas. Podedes copialas nunha folla ou facelas parecidas.

te

TAREFAS DO XOVES 16 DE ABRIL

Aqui tedes a explicación das tarefas de hoxe:

Robavocales: para completar as vogais que faltan.  Lembrade que traballamos con sons e xestos

Lateralidade: abellas.  Hay que sinalar qué abellas miran cara a esquerda e cales miran a dereita. Despois se contan e se escribe a cantidade no cadradiño correspondente

Manualidade: Como estamos de confinamento, pensamos en facer unha manualidade personalizada para casa.  Hoxe é  un colgador para a porta. Tedes a plantilla, sencilliña para que os nenos non teñan demasiadas dificultades á hora de recortar. Podedes pegala nunha cartolina ou nun cartón que teñades pola casa, por exemplo, dunha caixa de cereais. Que a decoren ao seu gusto, pintando, debuxando ou pegando o que lles guste. Creatividade ao poder!

 

A maiores, e relacionado coa adiviña de onte, vos deixamos unha actividade moi chula que inclúe o coloreado dunha ficha e o uso das novas tecnoloxías  neste caso con realidade aumentada. Adxuntamos tamén as instruccións da aplicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut