Bos días familias!!!!!Hoxe si,hoxe xa son as últimas tarefas que vos poñemos deste extraño curso, que nos tocou vivir.
Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración, participación e interese.Sabemos que non foi unha experencia sinxela, xa pola súa propia natureza, pero tamén porque vós tocou facer de coprofesores dos vosos fillos,e non é fácil, nunca por moito que nolo propoñamos, é igual que no colexio cos seus profesores e os seus compañeiros. Ademáis moitos de vós tiñades que seguir traballando, teletraballando ou atendendo a outros fillos ou a outros membros da familia que o precisasen; o cal dificultaba esta complicada tarefa.
Pola nosa parte, pedirvos disculpas polos posibles erros que poidésemos cometer; para nós tampouco foi sinxelo adaptarnos a unha nova forma de ensinar dende a distancia, sin ver día a día onde tiñan máis dificultades e onde iban mellorando para adaptar a nosa práctica docente.Neste sentido, e onde máis agradecemos o feedback que nos facíades chegar con fotos ou comentarios que nos facían saber que seguiades ahí ao pé do cañón e que o noso traballo non caía en saco roto.
Cremos que ,a pesar das dificultades, o esforzo mereceu a pena, e que formamos entre todos un gran equipo, polo ben dos nosos nenos e nenas.
E o pilar de ese equipo son eles os nenos e as nenas das clases de 4 anos A e 4 anos B que son os verdadeiros campións desta situación; e que tiveron seguramente altibaixos nos seus comportamentos e nas súas ganas de facer as tarefas. Pero temos que ver todos eses comportamentos como algo normal, xa que a súa vida cambiou dun día para outro, e para eles tampouco foi doado.
DÁDELLES UN MONTÓN DE BICOS DAS SÚAS PROFES ANA E MARÍA.DÁDELLES TODOS ESES ABRAZOS QUE NON LLES PUIDEMOS DAR DURANTE TODOS ESTES MESES, E QUE TANTO ELES COMO NÓS BOTAMOS DE MENOS.
A última tarefa do curso é descifrar unha mensaxe secreta das súas profes. É importante que unha vez completen a mensaxe lles axudedes a lelo.(Cómo sempre tedes a tarefa no caderno da aplicación).
E despóis a descansar moito e a xogar e disfrutar!!!!!!!
Descubre el mensaje
Estade atentos á aplicación do ABALAR MÓVIL, xa que ás 11: 00 publicaránse as notas da 3ª avaliación.
E tamén vós enviaremos o material para o próximo curso.