Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

PROGRAMACIÓN DA SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

programacion semana 1-8 de xunio

TAREFAS DO VENRES 29 DE MAIO

Bos días!!!! rematando semana, asi que un esforciño máis e xa descansades a fin de semana.

Para hoxe, hai que sacar as palabras do bote da N e buscar ou debuxar unha imaxe da palabra e logo emparellar nome con debuxo.Como fixechedes coa outras letras.Acordadevos de gardalas par xogar a ler e emparellar cando vos apeteza.

De lóxicomatemáticas a ficha do 19 e do 20 e outra de lateralidade con paxariños.

E xa non poden faltar as fichas online.

Unha aperta virtual para todos e todas e moitos biquiños aos nosos nenose nenas.

Boa fin de semana!!!!!

Lectoescritura

Sigue las series 

TAREFAS DO XOVES 28 DE MAIO

Bos días!!! que  calor estes días !!!! verdade???? Aos nenos e ás nenas seguro que lles afecta a calor que se suma ao cansancio.Pero so nos quedan unhas semaniñas máis de esforzo; así que con calma que as vaían facendo pouquiño a pouco.

Para hoxe , segimos nas liña dos últimos días  coa letra N e coa primeira decena, 17e 18.

E para rematar alguhna ficha online , que as fan nun pis pas..

 Sigue las series

Empieza Por...

Por certo tivemos un erro na ficha  do 16 de onte; xa nos avisaron de que non chegaban os cadriños.Esperamos que os arranxarades sin moito problema engadindo un cadriño máis. As de hoxe, se non nos despistamos outra vez , pensamos ue van ben. Bo día.

TAREFAS MÉRCORES 27 DE MAIO

Bos dias familias!!!! Que bo tempo vai estes días!!!! verdade?? Disfrutádeo, na medida do que poidades, que estes pequerrechos e pequerrechas levan moitos días encerrados e agora que nos van deixando máis liberdade hai que disfrutalo con sentidiño!!!!.

Por iso vos vamos deixar pouco traballo , pero indispensable.

Para lectoescritura continuamos coa letra N.

E en loxicomatemáticas seguiremos coa familia do 10, esta vez cos números 15 e16.

Ademáis como ven sendo habitual algunha tarefa online.

Une cada sonido con su letra 

Orden y Sumas 5 años

En breve elaboramos o caderno para que ao entar el liveworksheets podades vacer tarefas do cuardeno. De momento, por aquí. Biquiños.

CUENTO PEPITA Y MIGUEL

CONTO PEPITA E MIGUEL

É un conto moi coñecido polos nenos e nenas dende o curso pasado.Con este video poderán recordalo porque pasaron moitos días dende a última vez que llo contamos na escola.

Ademáis, así os papás e as mamás poderedes coñecer os tan famosos xestos que acompañan a cada letra e a cada fonema(son) do conto.

Recordade que aínda que no video aparecen minúsculas, en 4 anos tan so aprenden coas maiúsculas.

APROVEITADE PARA QUE OS NENOS E AS NENAS VOS ENSINEN CADA XESTO!!!

TAREFAS MARTES 26 DE MAIO

Ola familias!!! 

Para hoxe, en lectoescritura,vos deixamos as duas fichas seguintes da letra N, seguindo a liña das anteriores. E en loxicomatemáticas unha ficha para seguir traballando a familia do 10, cos números 13 e 14.Acordádevos de que conten obxectos, pauiños, cores, macarróns, calquera cousa que teñades a man e que se percaten que, por exemplo o número 13 son un montón de 10 que se agrupan máis 3 que van soltos,( como indica a ficha).

Fichas online.

Mensaje secreto

Vagones ABN 

 Si queredes podedes ir rexistrándovos  na plataforma, e iremosvos aceptando. Aínda así, de momento,  facede as fichas dende aqui porque aínda  non vos asignamos un caderno. Pero podedes envialas  igual para que as vexamos. Como vos indicamos na entrada de onte.

Un saúdo e bo día. Biquiños aos nosos nenos e nenas.

TAREFAS DO LUNS 25 DE MAIO

Bos días familias!!!! Comenzamos semana, e pouquiñas xa nos quedan.

Para hoxe vos deixamos as primeiras fichas da letra N, e vos recordamos que fagades o bote da letra N ao longo da semana, escribindo palabras que empecen por N e gardándoas no bote.

Para loxicomátematicas parécenos moi boa a de que sigades a xogar co xogo das cunchas, ordenando de adiante para atrás e de atrás para adiante.E tamén vos deixamos unha ficha para traballar os números 11 e 12, e así iniciar un pouco a aprendizaxe da familia do número 10.Nos cadriños teñen que pintar tantos cadriños como indica o número, e é moi importante que se fixen nos paíños e que lles recalquedes que 11 é un montón de 10 + un paíño solto.

Deixámosvos a ficha dos cumples para homenaxear aos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en maio.

E algunha ficha online do livesworksheet.Do que xa vos compartimos as instruccións noutra entrada da web.

De momento non creamos cadernos de traballo pero iremos mellorando no  seu manexo todos xuntos.Así que podedes facer as que vos suxerimos aqui.

 Series lógica

Pensamos

Un saúdo e moitos bicos aos nosos e nosas pequenos e pequenas.

BO comenzo de semana, nesta nova fase de desescalada.

PROGRAMACIÓN DA SEMANA DO 25 AO 29 MAIO

FICHAS ONLINE

LIVEWORKSHEETS

Nesta plataforma pódense facer fichas online e unha vez rematadas  tedes dúas opcións

a)Comprobar as respostas inmediatamente por vós mesmos. Xa vos di ao instante as que tedes ben e nas que fallastes.

 b)  Enviar as respostas á mestras. Así as fichas feitas pólos nenos e nenas chegarannos a nos  e podermosi velas (pero non mandarvos as correccións). Neste caso, a páxina pediravos estes datos: o voso nome, curso, materia e o código do profesor, que é este:

Código de Ana: rl0nvg66d7

Código de Maria: clueeek2d1

NOTA:

se queredes que vos poidamos facer chegar as correccións,tedes que rexistrarvos aquí: 

https://www.liveworksheets.com

Na parte de arriba á esquerda, onde pon "acceso alumnos". (Por defecto a lingua é o inglés, pero na parte superior dereita podedes cambiala a castelán).

O primeiro que vos pide é o código de grupo,  

para 4 anos A é este: buclsudkyf

para 4 anos B é este:vemhjzmtyx

Despois, para crear a conta pediravos:

  • Nome de usuario
  • Contrasina
  • Repetir contrasinal
  • Nome completo
  • Correo electrónico   

Cando vos rexistredes, temos que aceptarvos e poderedes ver as fichas dende un caderno que crearemos con estas fichas e as que vaiamos engadindo . (tamén poñeremos  os enlaces na web para que as poidades facer sen rexistro).

 

TAREFAS VERNES 22 DE MAIO

Bos dias!!! xa rematando a semana, e cada día e cada semana que pasa un pouco máis cansos. Os nenos das tarefas, os pais de imprimir e de estar pendientes das tarefas e dos nenos que xa van cansos, e a mestras de non ter ese contacto directo cos nosos nenos e nenas que nos permite ver en primeira persoa os seus avances. Pero, agora ven a fin de semana e todos colleremos forzas para empezar a próxima semana.
Para hoxe tedes que sacar as palabras da letra D do bote lelas, buscar unha imaxe ou facer un debuxo de esa palabra e facer as parellas palabra-imaxe.Cando teñades todas as parellas gardelas no bote outra vez; para poder xogar a emparellar cando vos apeteza.

E de lóxicomatemática tedes unh ficha de escribir o anterior e o posterior dos números e outra de lateralidade con caracois.

 FICHAS ONLINE

 Discriminación auditiva 

Conciencia fonológica

 

Distribuir contido


by Dr. Radut