Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS DO LUNS 25 DE MAIO

Bos días familias!!!! Comenzamos semana, e pouquiñas xa nos quedan.

Para hoxe vos deixamos as primeiras fichas da letra N, e vos recordamos que fagades o bote da letra N ao longo da semana, escribindo palabras que empecen por N e gardándoas no bote.

Para loxicomátematicas parécenos moi boa a de que sigades a xogar co xogo das cunchas, ordenando de adiante para atrás e de atrás para adiante.E tamén vos deixamos unha ficha para traballar os números 11 e 12, e así iniciar un pouco a aprendizaxe da familia do número 10.Nos cadriños teñen que pintar tantos cadriños como indica o número, e é moi importante que se fixen nos paíños e que lles recalquedes que 11 é un montón de 10 + un paíño solto.

Deixámosvos a ficha dos cumples para homenaxear aos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en maio.

E algunha ficha online do livesworksheet.Do que xa vos compartimos as instruccións noutra entrada da web.

De momento non creamos cadernos de traballo pero iremos mellorando no  seu manexo todos xuntos.Así que podedes facer as que vos suxerimos aqui.

 Series lógica

Pensamos

Un saúdo e moitos bicos aos nosos e nosas pequenos e pequenas.

BO comenzo de semana, nesta nova fase de desescalada.

AdxuntoTamaño
N-2.pdf3.16 KB
N-1.pdf4.98 KB
FICHA CUMPLES.pdf45.54 KB
11y 12.pdf350.79 KB


paxina_eq | by Dr. Radut