Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

TEREFAS MÉRCORES 13 DE MAIO

Bos dias!!!! Esperamos que levedes ben a semana e que disfrutedes da liberdade que nos van deixando pouco a pouco.

Para hoxe temos dúas fichas de lectoescritura, continuando  coa letra T. E dúas fichas de lóxicomáticas: unha de lateralidade e a outra de completar cos números que faltan nunhas series pequeniñas de 3 números.

Son moi faciliñas e seguro que as farán todos moi ben.

Queremos recordarvos que no apartado de Educación Infantil, onde aparece os cursos para chegar ata aqui , tamén están as especialidades de Inglés, Relixión Educación Física e Música; onde as mestras e os mestres especialistas tamén colgan tarefas para os pequenos e as pequenas.

Un saúdo, que teñades un bo día e un montón bicos para os nosos nenos e as nosas nenas.

TAREFAS DO MARTES 12 DE MAIO

Bos dias!!! estas son as tarefas de hoxe.

Lectoescritura: continuamos coa serie de fichas da letra T. E  ademáis unha ficha na que faltan as consoantes e é necesario completalas para descubrir  a palabra.

 En matemáticas imos casi coas derradeiras fichas de xeometría, nesta ocasión toca o rombo. Recordade que traballamos con figuras planas.

 E ademáis vos propoñemos unha manualidade para que os nenos e as nenas fagan coa vosa axuda o seu propio xoguete. Parecido ao que tedes nas imaxes.

 

juguete botella

 

Necesitarán da vosa axuda, pero logo poden decoralo como máis lles guste, pegando papel, pintando, debuxando no propio material, ... E coa temática que lles apeteza. Poden usar este material ou otro calquera. A nos gustounos a botella pola facilidade para agarrar. Pero poden usar outro soporte, como envase de iogur, rolo de papel...etc.

TAREFAS DO LUNS 11 DE MAIO

Bos días!!! comenzamos nova semana  con tarefas novas

En lectoescritura pensamos que sería bo avanzar un pouquiño coa escritura dalgunhas das letras que nos quedaron por dar, debido as circunstancias que nos tocan vivir. Aínda así todas son letras que xa coñecen, porque xa as escribiron dentro de palabras e xa coñecen perfectamente o seu son e súa correspondencia coa grafía.Pero sempre convén reforzarlas con actividades propias da letra correspondente, para favorecer a aprendizaxe corrrecta do trazo e reforzar a conciencia fonolóxica do seu son dentro das palabras. Hoxe imos comenzar coa letra T. Veredes que o formato das fichas e similar en cada unha das letras.

Teñen que repasar e facer os trazos sin sairse dos puntiños, collendoos todos co lápiz, se o fan moi ben co lápiz, se queren poden repasar con un rotulador.

En matemáticas, vos deixamos un xogo numérico, que ten como soporte unhas conchas coa numeraación ata o 20.Este xogo ten as instruccións nun documento adxunto.

( Atención quenes no teñan impresora poden facer o xogo debuxando as cunchas ou calquera outra figura que sesulte sinxela de debuxar).

E podedes xogar con él sempre que queirades ao longo deste semana, ou en nemanas sucesivas.Igual que cos outros xogos que vos deixamos anteriormente.

Tede en conta que son xogos que selecionamos polo seu valor didácticco e pedagóxico para a aprendizaxe dos contidos que nos interesan

Ademáis para completar as tarefas da letra T, durante esta semana vos suxerimos que os nenos e as nenas vaian escribindo palabras que comencen pola letra T e as vaían gardando nun bote, similar á imaxe de abaixo.

 

Botella palabras con T

 

PROGRAMACIÓN DA SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

CUADRO PROGRAMACION SEMANA 11-15 DE MAIO

Tarefas para o Xoves 7 de maio

Ola. Aquí tedes as tarefas para hoxe.

En primeiro lugar, unha moi coñecida por vós: o robavocales.

Na ficha "anterior-posterior" tedes que encher as estrelas brancas cos números que lles faltan ( se non sabedes, mirade á nosa amiga a Oruga Glotona, ela pódevos dar algunha pista).

Por último tedes un traballo de unir os puntos. Qué haberá ahi? Empezade polo 1 e... coidado! non vos saltedes ningún número para non estragar a sorpresa!

A por elas, que son as derradeiras tarefas da semana!

TAREFAS DO MÉRCORES 6 DE MAIO

Ola a todos/as!!! un día máis e un día menos.

Esta semana vamos a repetir algún xogo máis dos que xa fixechedes en datas anteriores. Así para lectoescritura gustaríanos que xogarades co abecedario outra vez, un paxariño díxonos que vos gustara moito .Si vos apetece podedes meterlle unha variante e a palabra que elixades , podedes ademáis de  escribila  debuxala. E para lóxicomatemática unha das últimas fichas de figuras xeométricas, neste caso o rectángulo.(Cando busquedes os obxectos para pegar na ficha recordade que traballamos con figuras planas).

 Biquiños para todos os nosos nenos e nenas.

PROGRAMACION DA SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

CUADRO PROGRAMACION 5 AO 8 DE MAIO

TAREFAS DO MARTES 5 DE MAIO

Bos días!!!! Esperamos que disfrutarades da fin de semana, esta vez vez tanto os grandes como os pequenos, coas primeiras salidas dos papis e das mamis.

Voltamos á rutina diaria e as tarefas escolares; collédeo con gañas, que esta semana é máis curtiña.

Para hoxe seguimos con "robavocales", que xa lles tedes collido o truquiño, e seguro que a facedes moi ben.Que palabriñas formaremos hoxe...?'

E a segunda tarefa tamén a coñecedes, pero ímola repetir porque é un xogo e cada vez que xogades sairán números diferentes.E é moi importante que coñezades ben a cadea numérica, para que poidamos seguir avanzando. E que contedes moitas veces para diante e para atrás (ainda que nesta partida tan só imos a xogar cara a diante).

A manualidade que vos propoñemos é facer un abanico, porque vai empezar a calor e temos que estar preparados. Hai que facer un debuxo e convertilo en abanico dobrando a folla de papel. É un bo exercicio para axudar a desenvolver a motricidade fina e a coordenación óculo- manual.

Ah! E recordarvos que, como tamén empezamos mes, tedes o calendario de Maio, para que vaiades riscando os días como facemos na clase!

TAREFAS DO XOVES 30 DE ABRIL

Ola !!!! Bos dias!!!! para hoxe vos deixamos unhas tarefas na liña do que viñemos facendo estes días .

Así, tedes unha ficha para descubrir as palabras secredas e outra para unir os números coas mans que amosan os dedos correspondentes, xa fixeron algunha deste estilo.

E para rematar, unha ficha de atención para buscar as 5 diferencias entre dous debuxos. Esta poden facela no papel ou no dispositivo electrónico do que dispoñades.

Vos recordamos que mañá comenza unha ponte longa ( 4 días), polo que non colgaremos máis tarefas ata o día 5 maio.

Podedes aproveitar para facer xogos cos nenos, xa que tamén xogando están aprendendo.

Desfrutade deste descansiño!!!!!! 

TAREFAS MERCORES 29 DE ABRIL

Ola a todos e todas de novo!!!!

Despóis duns días traballando cos contos, que esperamos que vos gustaran, xa que lles puxemos moitas gañas e sobre todo cariño. Voltamos ás tarefas mais rutinarias.

Para hoxe tedes robavocales  e o libriño das figuras xeométricas, esta vez co cadrado.Xa sabedes como se fan, recordade que son figuras planas.

E rematamos cunha plantlla dun zapato, para que aprendan a atalos cordóns. Pareceunos un bo momento para practicar, ademáís dunha boa tarefa de coordinación oculomanual e de motricidade fina.(Debes copiala nun cartón).

Cando aprendan sentirán unha gran satisfacción persoal!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut