Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS DO MARTES 5 DE MAIO

Bos días!!!! Esperamos que disfrutarades da fin de semana, esta vez vez tanto os grandes como os pequenos, coas primeiras salidas dos papis e das mamis.

Voltamos á rutina diaria e as tarefas escolares; collédeo con gañas, que esta semana é máis curtiña.

Para hoxe seguimos con "robavocales", que xa lles tedes collido o truquiño, e seguro que a facedes moi ben.Que palabriñas formaremos hoxe...?'

E a segunda tarefa tamén a coñecedes, pero ímola repetir porque é un xogo e cada vez que xogades sairán números diferentes.E é moi importante que coñezades ben a cadea numérica, para que poidamos seguir avanzando. E que contedes moitas veces para diante e para atrás (ainda que nesta partida tan só imos a xogar cara a diante).

A manualidade que vos propoñemos é facer un abanico, porque vai empezar a calor e temos que estar preparados. Hai que facer un debuxo e convertilo en abanico dobrando a folla de papel. É un bo exercicio para axudar a desenvolver a motricidade fina e a coordenación óculo- manual.

Ah! E recordarvos que, como tamén empezamos mes, tedes o calendario de Maio, para que vaiades riscando os días como facemos na clase!

AdxuntoTamaño
robavocales6.pdf693.94 KB
JUEGO CADENA NUMERICA HASTA EL 20.pdf20.22 KB
CALENDARIO MAYO 2020.pdf821.44 KB


paxina_eq | by Dr. Radut