Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

5º de EDUCACIÓN INFANTIL

4 anos

¿QUÉ FAREMOS EN 4 ANOS A E B DURANTE A CUARENTENA?

¿QUE FAREMOS EN 4 ANOS A E B DURANTE A CUARENTENA?

Estimadas familias:

 Parece que esta situación vaise alongar no tempo, e non queremos que os nosos pequenos e pequenas se olviden do aprendido e esquezan as rutinas escolares.

 

As titoras de 4 anos de infantil decidimos organizar un horario semanal cunha ou dúas actividades,  un pouco máis específicas ,para facer cada día.

 

Por suposto , a súa realización é voluntaria e débese de respetar sempre o ritmo de cada neno/a.

Estas tarefas pódense realizar como complemento das orientacions xerais que dimos en conxunto para educación infantil( asamblea diaria co calendario, conto,…) .

 

Así a idea é colgar cada semana un “horario” coas tarefas programas para dita semana. E cada dia colgar  as orientacións  ou aclaracións pertinentes, se fose necesario, para a tarefa diaria.

E nos casos que fose necesario adxúntarase un documento que podedes imprimir ou ben copiar nun folio para que os nenos poidan traballar sobre el.

 

Tamén vos remitiremos enlaces a páxinas webs nas que podedes encontrar  fotografias con imaxes de xogos manipulativos e videos para traballar sobre todo a numeración segundo o método ABN.

 

En canto a lectoescritura recordade que empregamos o método fonético, e que calquera axuda que prestedes para escribir ou ler palabras debe incidir nos sons que compoñen as palabras e non no nome das letras.

 

 

É importante que respetedes o ritmo dos nenos e das nenas, e traballar sin agobios , si se cansan que paren e que continuen noutro momento.

É moi positivo que, na medida do posible, sigades unha rutina diária, de actividades dentro da casa xa que aos nenos as rutinas lles aportan seguridade.

 

 

Recordarvos que xogando tamén se aprende, e que podedes xogar ao parchis, a oca, o dominó, ao cinquillo, ás parellas ou a calquera xogo de cartas que implique empregar a numeración.

Os xogos de mesa favorecen a atención tan necesaria como prerrequisito para calquera aprendizaxe.  E  os xogos de regras favorecen moitos hábitos  e valores como son esperar turno, respetar aos compañeiros, saber gañar e saber perder,....

 

 

Para calquera dúbida podedes contactar con nós mediante a app Class dojo, que levamos empregando durante o curso.

Sería moi positivo que nos enviasedes imaxes dos traballos rematados, e nos comentasedes as  dificultades atopadas . Estamos á vosa disposición.

 

Contamos con vós!

Un saúdo

 

 

As titoras

PROXECTO OS DINOSAURIOS

PROXECTO OS DINOSAURIOS

Para rematar o proxecto dos dinosaurios as mestras de 4 anos preparamos unha tarefa de gamificación con escape room. Tratábase de " escapar do meteorito que extinuirá aos dinosaurios ". Para conseguilo os equipos teñen que superar varias probas mediante traballo cooperativo e entre a probas inclúense actividades TICS  como a robótica e a realidade aumentada.

MOSTRAMOS ALGUNHAS FOTOS DAS PROBAS REALIZADAS.

 

Orientacións xerais para Ed. Infantil

PROXECTO OS DINOSAURIOS

PROXECTO OS DINOSAURIOS

ESTA É A EXPOSICIÓN DOS DINOSAURIOS DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.Este é a exposición do POXECTO OS   DINOSAURIOS  nenos e nenas de 4 anos

ALGÚNS TRABALLIÑOS DO 1º TRIMESTRE

As nosas postais de NadalPintando o tiranosaurio-rex da nosa porta.

Distribuir contido


by Dr. Radut