Bos días!!!! Xa todos necesitamos un descansiño deste curso tan extraño e tan intenso, así que un último esforciño para facer estas tarefas tan chulas.
Para hoxe temos, unha ficha de lectoescritura da letra L, unha ficha de conciencia fonolóxica, unha ficha de loxicomatemáticas para pintar cadriños da familia do 10, unha secuencia dun cachiño do conto de Elmer, buscar as diferencias entre dous debuxos e por último unha ficha para relacionar as emocións co monstruo das cores; pero que só se pode facer no cadernillo, da aplicación.
Mañá prometemos baixar a intensidade..., e que ás veces emocionámonos e non sabemos parar
Biquiños para os nosos neniños e neniñas.