Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS DO LUNS 20 DE ABRIL

Unha semana máis , e un luns máis para seguir traballando dende a casa. Esperamos que a fin de semana vos servira para coller folgos para comenzar con ganas.

Aqui vos explicamos as tarefas de hoxe, na liña das da semana pasada, para continuar cos contidos e actividades que empezamos.

  • En lectoescritura tedes outra ficha de "robavocales", como sabedes roubaronnos as vogais e os nenos e nenas teñen que recuperalas para poder ler esas palabras.
  • En matemáticas seguimos co libriño das figuras xeométricas, esta vez co triángulo. Repasamos  e coloreamos nunha ficha e na outra buscamos obxectos con forma triangular e os pegamos no espacio indicado. Recordando sempre que traballamos con figuras planas.
  • E por último os nenos e as nenas teñen que facer un colar con macarróns . O colar ten que ser de tres cores e teñeno que facer seguindo unha serie (por exemplo, o-o-o-o-o-o). Poden pintar os macarróns con témpera, rotulador ou coa pintura apta para nenos que teñades por casa. GUSTARÍANOS VER FOTOS DESA XOIA.
AdxuntoTamaño
robavocales3.pdf780.44 KB
Mi-librito-de-las-figuras-geométricas-4.pdf169.11 KB
Mi-librito-de-las-figuras-geométricas-5.pdf159.79 KB


paxina_eq | by Dr. Radut