Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS DO LUNS 18 DE MAIO

Bos dias!!!! esperamos que disfrutarades da fin de semana e que collerades folgos para comenzar a semana con forza .

En lectoescritura, esta semana imos a traballar con outra letra, e a que nos toca é a letra D. Así que ao longo da semana iremos colgando as fichas correspondentes a esta letra, do mesmo xeito e na mesma liña que as fichas da semana pasada.

Gustaríanos que fixerades tamén un botiño da letra D para gardar as palabras que se vos vaian ocurrindo ao longo da semana e que comencen por D.

En loxicomatemáticas, vos propoñemos, para hoxe, que si tedes un xogo de cartas xoguedes con alguén da familia ao xogo do unillo. Xógase igual que ao cinquillo pero desta vez partimos da carta que ten o número 1 de cada pau, e os xogadores teñen que ir completando a escaleira en orde, ata rematala. Gaña quen primeiro esgote as cartas.

Como vedes, hoxe son tarefas moi lixeiriñas. Ánimo que comenzamos semana!!!!

BIQUIÑOS AOS PEQUERECHOS E PEQUERRECHAS, DAS SÚAS PROFES ANA E MARÍA.

AdxuntoTamaño
D-1.pdf5.18 KB
D-2.pdf3.18 KB


paxina_eq | by Dr. Radut