Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS XOVES 14 DE MAIO

OUTRO DÍA MÁIS VOS DEIXAMOS AS TAREFAS QUE TOCAN PARA HOXE.

De lectoescritura as derradeiras fichas da letra T.

De  loxicomatemáticas unha ficha para traballar cos números da matrícula do voso coche, e se non tedes coche podedes facelo coa matrícula do coche dun amigo, do avó, dun tío ou dun coche que vexades pola fiestra.

 E para rematar como mañá día 15 de maio, é o día familia, gustaríanos moito que fixerades  un debuxo da vosa a familia e o colorearades ben bonito. Despois debaixo de cada membro da familia escribides quen é cada persoa. E arriba de todo da folla con letra moi ben escrita poñedes de título "A MIÑA FAMILIA".

Cando o teñades rematado, entre hoxe e mañá, mandádenos unha foto do debuxo, para que o poidamos ver.ESTAMOS ESPERANDO POR ELES!!!!!!!

Un biquiño enorme para os nenos e as nenas máis guapos e listos de todo o cole, que son os  das aulas de 4 anos.

AdxuntoTamaño
T-7.pdf54.57 KB
T-8.pdf20.38 KB
MATRICULAS.pdf41.88 KB


paxina_eq | by Dr. Radut