Skip to Content

Magosto e Samaín 2020

Este curso celebramos dunha maneira especial o Samaín e o Magosto gardando as normas do protocolo que marca o Covid, pero as gañas de divertirnos non faltaron.

Historias de medo

O alumnado estivo creando historias que dan moito pero que moito medo. O blogue de Normalización Lingüística quere compartilas con todos vós. Podes velas clicando no icono a continuación.

O Blogue de Dinamización da Lingua Galega está dispoñible para todos vós. Xa tedes o enlace desde a nosa web do centro. Animádevos a visitala!!!

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias, deixamos o arquivo adxunto onde podedes consultar o Plan de Adaptación do centro para este curso escolar, este documento pode variar en función das instrucións recibidas pola Consellería ou polo estado de alarma sanitaria debido á COVID 19.

A dirección.

COIDÉMONOS E COIDEMOS.

Queridas familias, este vídeo lémbranos a importancia do coidado tanto persoal como do medio ambiente. Ef a mascota da biblioteca con algún amiguiño e algunha amiguiña axúdannos a lembrar.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. SERVIZO DE PEDIATRÍA CENTRO SAÚDE DE PADRÓN.

Estimadas familias:

Adxuntamos a información recibida polo Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Padrón.

A dirección.

 

Funcionamento da aula virtual

Este curso é probable que o alumnado teña que acceder á Aula Virtual do noso centro educativo. 

A aula virtual é unha plataforma onde os mestres colgan recursos, tarefas... para que o alumnado poida realizalas desde a súa casa. No caso de confinamento, é unha forma de que continuar co proceso de ensinanza e aprendizaxe de xeito non presencial.

A través deste vídeo queremos que vexades paso a paso o funcionamento da mesma e, deste xeito resolver as dúbidas iniciais que poidan xurdir.

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. BIBLIOTECA

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. TITORÍAS

Estimadas familias:

Adxunto remitimos o calendario de reunións cos diferentes titores e titoras do vosos fillos ou fillas.

A dirección.

AUTORIZACIÓNS.

Estimadas familias:

Adxuntamos as distintas autorizacións (de recollida, saír so, ir so da parada do autobús...)

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. MATERIAL ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut