Skip to Content

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS. PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN.

Panxoliña de Nadal

Aquí tendes a panxoliña que preparamos entre todos os que formamos parte do Ceip Flavia. E todos nós queremos desexarvos unha Felices Festas.

 

O ritmo a través do Crebanoces

Este trimestre na clase de Educación Musical estivemos traballando distintas partes do Crebanoces. Agora deixámovolas aquí e podedes intentalo na casa!!! Tedes a axuda dos vosos compañeiros do Flavia. Mirade os vídeos atentamente e tratade de facer o mesmo. Seguro que o pasades xenial!!!

En primeiro lugar temos a Danza Rusa: Veña a mover o esqueleto!!!

 

En segundo lugar unha marcha onde marcamos o ritmo a través da percusión corporal.

 

Concurso de postais de nadal

Este ano tivemos un concurso de postais de nadal. Tras unha difícil deliberación, xa que todas eran fermosas, aquí están os gañadores: Victor, Sara, Eire e Xela. Parabéns!!!

 

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO BENEFICIARIO DO VALE DE MATERIAL.

Estimadas familias:

O vindeiro 21 de decembro vaise facer entrega das máscaras ao alumnado beneficiario do vale de material  que traian asinado o impreso, que lles é enviado polos seus fillos e/ou fillas.

A dirección.

CELEBRACIÓN DO NADAL.

Falando con Papá Noel

Os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de falar con Papá Noel. Como non podía vir ao noso cole, fixemos unha videochamada con el. Se é que Santa Claus é moi bo e entre tanto axetreo ten un ratiño libre para falar con nós. Grazas, Papá Noel!!!

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS.

Podedes consultar a listaxe provisional, no taboleiro interior do Centro con data 30 de novembro de 2020, das persoas beneficiarias da distribución de máscaras segundo o establecido na  Orde do 6 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut