Skip to Content

Saída ó Auditorio

O pasado xoves día 9 de febreiro, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria, fixemos unha pequena, pero moi divertida, saída ó Auditorio de Padrón.

Tivemos a sorte de poder asistir a un concerto no que se nos presentaba o CD "O tempo dos xogos". Trátase de cancións moi movidas e divertidas. Os músicos, ademáis de cantar e invitarnos a cantar e bailar, nos ensinaban os nomes dos instrumentos musicais que tiñan enriba do escenario polo que, ademáis de pasalo xenial, aprendimos un montón.

 

Deixámosvos aquí un vídeo para que vexades o ben que o pasamos:

E outro vídeo para que aprendades unha das cancións que tanto nos gustou:



page | by Dr. Radut