You are hereEducación Primaria / 5º Ed. Primaria

5º Ed. Primaria


ACTIVIDADES DE REPASO sticky icon

PARA REPASAR AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN

 

XOGO PARA REPASAR AS PROVINCIAS ESPAÑOLAS. LIGAZÓN

 

MAPA INTERACTIVO PARA COÑECER OS PAÍSES QUE INTEGRAN A UNIÓN EUROPEA E A SÚA DATA DE INCORPORACIÓN. LIGAZÓN

 

VIDEO SOBRE O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA ELECTORAL EN ESPAÑA:

 

COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL

 

ACTIVIDADES DE REPASO DA UNIDADE: (Preme nas seguintes actividades)

ACTIVIDADE 1

ACTIVIDADE 2

ACTIVIDADE 3

 

 

 

Tarefas Lingua Galega 5º B

Moi bo día mozos e mozas, espero que estedes todos ben.

Mándovos as tarefas para esta nova semana que entra.

Rematamos coa gramática da páxina 89, lembrade que os exercicios que non están online debedelos facer na libreta. Conitnuamos con ortogradía, uso do B, lemos o texto da páxina 90 e realizamos os exercicios. O mesmo coa páxina 91, lemos, entendemos e realizamos exercicios, son moi sinxelos, non habedes de ter problema. Da páxina 92 facede o exercicio 20, pareceme importante para ampliar expresións. 

Lemos a páxina 93, e facemos o exercicio 23 no caderno. O exercicio 27 desa mesma páxina (94) é optativo, podedelo facer para evadirvos un pouco destes días, animaivos, pode ser divertido!

Adxúntovos, como da vez anterior, un par de archivos, un texto de comprensión lectora e fichas de repaso.

E recordade, lede moito, escribide historias, escribide sobre estos días, o que sentides, pensades, como estades levando este tema de non poder sair da casa.... podevos axudar moito.

Un abrazo!

Tarefas Lingua Galega 5ºB

Bo día, para os alumnos de 5ºB, empezamos tema novo. Para mañá mércores, lemos a lectura do tema 6, xa sabedes, dúas veces: a primeira para obter unha idea xeral do texto e a segunda para profundizar algo mais no tema. Subliñai aquel vocabulario que descoñezades, e facei uso do diccionario se é necesario.

A continuación, facemos os exercicios 1, 3, 4 e 6, no caderno; non é necesario que copiedes o enunciado, poñede a data e contestade as preguntas.

Para o xoves, lemos a páxina 87 e 88, de gramática, os demostrativos, e cando rematamos facemos os exercicios dende a mesma páxina, dandolle ó botonciño de arriba de todo, revisadelo antes de entregar e dadeslle a enviar.

Para o venres, adxuntovos un arquivo de comrpensión lectora, podedelo imprimir ou facelo directamente no ordenador, mándovolo en formato word para que o poidades modificar se queredes.

Para aqueles que queirades avanzar un pouco mais, adxúntovos un arquivo de repaso, lembrai que non é obrigatorio facelo, mais estaría moi ben que o fixerades todos, pois venvos moi ben para repasar o dado anteriormente e non esquecer o aprendido. Ó igual que no exercicio anterior, está en formato .doc así que podedes imprimilo ou facelo directamente no ordenador.

Un saúdo!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar