You are hereBlogues / blogue de / Tarefas Lingua Galega 5º B

Tarefas Lingua Galega 5º B


By Anónimo - Posted on 23 Marzo 2020

Moi bo día mozos e mozas, espero que estedes todos ben.

Mándovos as tarefas para esta nova semana que entra.

Rematamos coa gramática da páxina 89, lembrade que os exercicios que non están online debedelos facer na libreta. Conitnuamos con ortogradía, uso do B, lemos o texto da páxina 90 e realizamos os exercicios. O mesmo coa páxina 91, lemos, entendemos e realizamos exercicios, son moi sinxelos, non habedes de ter problema. Da páxina 92 facede o exercicio 20, pareceme importante para ampliar expresións. 

Lemos a páxina 93, e facemos o exercicio 23 no caderno. O exercicio 27 desa mesma páxina (94) é optativo, podedelo facer para evadirvos un pouco destes días, animaivos, pode ser divertido!

Adxúntovos, como da vez anterior, un par de archivos, un texto de comprensión lectora e fichas de repaso.

E recordade, lede moito, escribide historias, escribide sobre estos días, o que sentides, pensades, como estades levando este tema de non poder sair da casa.... podevos axudar moito.

Un abrazo!

AdxuntoTamaño
comprension_lectora-semana2.doc125.5 KB
comprension_lectora-semana2pdf.pdf71.59 KB
fichas_repaso_lingua- semana2.pdf721.31 KB
fichas_repaso_lingua- semana2.doc239 KB
comprension_lectora_galego2semana2.doc125 KB
comprension_lectora_galego2semana2-pdf.pdf69.53 KB
Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar