You are hereEducación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.

Educación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.


HOXE ESTIVEMOS CON...

Hoxe estivemos co escritor ANTONIO MANUEL FRAGA.

Os nenos e as nenas de 5º de E. Primaria tivemos a sorte de contar co gañador do premio Merlín de Literatura infantil. Neste curso lemos o libro "O Castañeiro de Abril", que foi a obra premiada, e hoxe compartiu con nós un anaco de seu prezado tempo e fíxonos partícipes das súas experiencias en canto á narración dos seus relatos.

Tamén deu resposta con moita amabilidade ás preguntas e inquedanzas literarias que nós lle comentamos.

O noso agradecemento a Antonio Manuel, e o desexo de que siga escrebindo novos relatos, para que coa súa lectura poidamos ser un pouco máis felices.

 

Artistas!

Estas foron as obras de arte que realizaron os alumnos de terceiro con pedras. Espectacular!

Museo do Mar e estadio de Balaídos

O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. O restaurante "Di San Remo"  deixounos as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas. 

No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados un laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS

Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS

Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.

Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.

Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial.  FOTOS

Foi unha experiencia inolvidable!

Museo do Mar e estadio de Balaídos

O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles o trato recibido así como todo o que nos ensinaron. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. Agradecer tamén, ó restaurante "Di San Remo"  que moi amablemente nos deixou as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas. 

No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados nun laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS

Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS

Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.

Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.

Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial.  FOTOS

Foi unha experiencia inolvidable!

 

 

Letras Galegas

Co motivo do día das letras galegas enchímos o twitter de tweets! 

Este ano o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro, se queredes saber máis aquí tedes máis información: http://www.diadasletrasgalegas.com/ 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar