You are hereEducación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.

Educación Primaria, 1º Ed. Primaria, 2º Ed. Primaria, 3º Ed. Primaria, 4º Ed. Primaria, 5º Ed. Primaria, 6º Ed. Primaria, Viaxes didácticas E.P.


Solucións e guía das actividades dos libros de Segundo de Primaria.

Saúdos a todas as familias e aos alumnos e alumnas:

Desexo que todos esteades ben. Poño as solucións pola dificultade que ten o libro dixital para correxir en primeiro e segundo. Puxen tamén actividades de reforzo e ampliación nalgunhas materias para facer en papel. Repasade o que tedes feito con calma e cada dá traballando un pouco. 

Para as dúbidas poñedevos en contacto a través do Abalar como ata agora.

 

Repaso e ampliación de matemáticas 2º.

Bos días, mándovos un adxunto de repaso e ampliación de matemáticas, vos decidídes como e cando traballar nelas. Pódense imprimir ou poñer as solucións nun papel, anotando o número da ficha. 

Saúdos

Traballo para os alumnos de 2º de Primaria.

 

Ola, vos días rapaces:

Hoxe vouvos proponer que vexades o vídeo dun libro adaptado para nenos e nenas de primaria; este libro chámase “El principito” en castelán foi escrito por un francés que era aviador Antoine de Saint- Exupéry. Picade no enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=xMdrJknUCQA

Tendes que velo dúas veces como facemos sempre, ou máis si é necesario, hai que facelo moi concentrados e atendendo a todo o que dín.

Despois contestades a estas preguntas sobre o vídeo, en castelán ou galego, podedes escribilas nun folio, libreta…, no que teñades a man. Os vosos país/ nais … ou os que estéan convosco poden facervos tamén preguntas sobre o visto.

 

Preguntas: (As dúbidas que teñades as resolveremos na clase cande voltemos, recordade que revisaremos o que ides facendo, non vos pegedes un atracón, facede algo cada día)

Quen é o protagonista do libro?

Cantas personaxes salen no libro que acabar de ver?

Que animais nomean?

 Que animal lle di ao Principiño que o domestique?

Que lle dí cando lle pregunta que é domesticar? Escribe a oración con boa letra.

A quén lla repite despois o Principiño?

Que tipo de flor era a preferida?

Quen habitaba os  tres planetas?

 Que lles interesaba a cada un deles?

Facéde unha breve descrición física ( o que vemos deles) de cada un.

Fai un debuxo do que máis che gustou da história.

 

 

 

Buscade información sobre o escritor e facéde unha breve biografía.( Esto para outro día) .Ver no a súa vida para nenos e nenas.

https://www.youtube.com/watch?v=inswworTfNc

Onde naceu?

Que estudou?

A que se dedicou?

Que outras obras publicou?

En que ano se publicou “El principito”?

Cando e onde desapareceu?

Buscade coa axuda dos vosos país onde queda Córcega e despois onde está situada Chantada con respecto a ela.

 

https://es.wikipedia.org › wiki › Córcega

 

Que tipo de relevo ten?

Que mar a rodea?

Cantos habitantes ten?

Qué idioma se fala na isla de Corcega?

 

Canto mide Córcega?

 

Facede algo cálculo cada día para non vos esquecer.

 Lede en voz alta, non é correr é facelo con claridade, vocalizando, que nos entendan, collede ben aire e facelo con calma.

Facede algún ditado e tamén copia dalgún libro sobre todo os que tedes mala ortografía, non hai que correr traballade con calma e descansade.

Para xogar propóñovos facer un avión de papel super fácil que podedes decorar a ovoso gusto. Pedide axuda e pasádeo ben

https://www.youtube.com/watch?v=b3bWIcOEPtE

Saúdos  e coidádevos moito.

 

Tarefas Lingua Galega 5º B

Moi bo día mozos e mozas, espero que estedes todos ben.

Mándovos as tarefas para esta nova semana que entra.

Rematamos coa gramática da páxina 89, lembrade que os exercicios que non están online debedelos facer na libreta. Conitnuamos con ortogradía, uso do B, lemos o texto da páxina 90 e realizamos os exercicios. O mesmo coa páxina 91, lemos, entendemos e realizamos exercicios, son moi sinxelos, non habedes de ter problema. Da páxina 92 facede o exercicio 20, pareceme importante para ampliar expresións. 

Lemos a páxina 93, e facemos o exercicio 23 no caderno. O exercicio 27 desa mesma páxina (94) é optativo, podedelo facer para evadirvos un pouco destes días, animaivos, pode ser divertido!

Adxúntovos, como da vez anterior, un par de archivos, un texto de comprensión lectora e fichas de repaso.

E recordade, lede moito, escribide historias, escribide sobre estos días, o que sentides, pensades, como estades levando este tema de non poder sair da casa.... podevos axudar moito.

Un abrazo!

3º. Reforzo de Língua Castelá.

Ola! Envíovos estas actividades de reforzo de Língua Castelá para que non perdades o hábito de traballo.

Xogade moito na casa coa vosa familia.

Unha aperta a todos/as!

Carmen

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar