PRAZO PARA ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE MATRÍCULA sticky icon


 

Comunícase ás familias do alumnado que o prazo para facer modificacións nas opcións de matrícula do alumnado remata o vindeiro día 8 de setembro.

Asemade infórmase que no taboleiro interior do centro están publicadas as listaxes do alumnado por cursos e grupos.


 

Comedor escolar - curso 2023/2024 sticky icon

ALUMNOS:

Os alumnos que solicitaron praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar o impreso:

Este impreso tamén o poderán recoller nas dependencias do centro e deberá ser entregado cuberto e asinado antes do día 14 do mes de xullo.

 


 

COLABORADORES:

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 14 de xullo.

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo nas dependencias do centro:

 Os impresos de solicitude tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

Historiais académicos sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden pasar polas oficinas do centro do 27 de xuño ao 7 de xullo (de 11:00 a 13:00)  e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.

Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 29. Título II. Capítulo IV do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

Libros de texto curso 2023/2024 sticky icon

No seguinte enlace (premendo ou escaneando) publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2023/2024.

Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto (se se presentou solicitude de axuda).

A partires do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 7 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires do día 27 de xuño e ata o 7 de xullo (de 11:00 a 13:00) poderán recoller os vales no colexio. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.

Os libros de texto do Fondo solidario entregaranse ao alumnado no mes de setembro, no inicio do curso escolar.

 

MATRÍCULA CURSO 2023/2024 sticky icon

O prazo de solicitude de MATRÍCULA para o vindeiro curso escolar 2023-2024 estará aberto desde o 20 ao 30 de XUÑO.

Poderá solicitar matrícula o alumnado que foi admitido no proceso de admisión.

Documentación a aportar:

  • Impreso de solicitude debidamente cumprimentado e asinado por un proxenitor ou polos dous proxenitores en caso de separación ou divorcio.
  • Fotocopia do libro de familia (ou documento acreditativo similar) na que estea rexistrado o nacemento do/a neno/a a matricular.
  • Fotocopia do libro de familia (ou documento similar) na que se acredite o matrimonio dos pais ou -se e o caso– copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de estar vacinado segundo o calendario oficial.
  • Fotocopia dos DNI dos proxenitores/representantes legais
  • Certificado de inclusión no padrón municipal de habitantes.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  • Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
  • Solicitude de uso de Servizos Complementarios (se é o caso)
  • Autorización para a recollida á saída das clases e do transporte (se é o caso).
  • Autorización para as saídas dentro da comarca.
  • Cuestionario sobre a lingua materna en E. Infantil.
  • Dúas fotografías tamaño carné.

Os impresos de solicitude pódense retirar en Conserxería ou en Internet no seguinte enlace:

A DOCUMENTACIÓN COMPLETA DEBERASE ENTREGAR NAS OFICINAS DO COLEXIO PREVIA CITA


 NOTAS:

  • Cita previa para a presentación da documentación (Tfono.: 982 82 81 33).
  • Os alumnos que cursan este ano 6º de E. Infantil neste colexio recibiron nos seus domicilios os documentos que deberán cubrir e presentar para comezar os seus estudos de E. Primaria obrigatoria o vindeiro curso.
  • O resto do alumnado lembramos que ten permanencia garantida, polo que non terá que realizar solicitude de matrícula.
  • Os usuarios de comedor escolar, a parte da solicitude que presentaron, terán que cubrir os impresos de autoliquidación que se lle facilitarán no centro cando se abra o prazo.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar