You are hereHistoriais académicos
Historiais académicos
Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden pasar polas oficinas do centro do 27 de xuño ao 7 de xullo (de 11:00 a 13:00) e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.
Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 29. Título II. Capítulo IV do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)